Conversa:O siléncio ajoellado

(Redirección desde «Conversa:O silencio axeollado»)
Último comentário: hai 6 anos de Ogalego.gal no tópico axeollado?, axionllado?, ajoellado? ... axeonllado?

axeollado?, axionllado?, ajoellado? ... axeonllado? editar

Dicimos que o título na primeira edición foi: O silenzo axionllado; e na edición de 1980 foi: O siléncio ajoellado.

En galego normativo actual sería: O silencio axeonllado; non si?

Daquela, por que o artigo non se titula de ningunha desas tres formas? É un erro? --. HombreDHojalata.conversa 26 de marzo de 2018 ás 19:50 (UTC)Responder

Ten toda a razón e moito dubidei ao facer a entrada, poñer a 1ª edición (O silenzo axionllado?), poñer a segunda (O siléncio ajoellado??), poñer a palabra segundo a normativa RAG (O silencio axeonllado?) A escollida foi manter o corpo da 2ª edición pero coa grafía oficial: O silencio axoellado. Pero iso xa foi corrixido por alguén a O silencio axeollado.
Non teño moi claro se é a correta pero tiña que escoller unha.
Igual a solución podería ser entrada principal en O silencio axeonllado e entradas-ligazón con O silenzo axionllado e O Siléncio Ajoellado.
Non o sei moi ben. Tampouco eu sei facer eses cambios--Ogalego.gal (conversa) 26 de marzo de 2018 ás 20:13 (UTC)Responder
Chamo a consultas a, por exemplo, Estevoaei: Que facemos neste caso? no que, resumo, hai un título en galego na 1ª ed, outro título en galego na 2ª ed e ningún dos dous títulos corresponde coa que sería a forma normativa actual (tendo en consideración que non existe edición co título na forma normativa actual). --. HombreDHojalata.conversa 26 de marzo de 2018 ás 20:47 (UTC)Responder
@HombreDHojalata: @Ogalego.gal: Eu deixaría como título principal O siléncio ajoellado, xa que foi o último título empregado mentres o autor estaba vivo, deixando O silenzo axionllado como redirección. No caso de que se faga unha nova edición da obra, habería que volver mover o artigo ao título que lle dean os editores. --Estevo(aei)pa o que queiras... 26 de marzo de 2018 ás 20:58 (UTC)Responder

────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────────Paréceme ben, eu non sei facer eses cambios--Ogalego.gal (conversa) 26 de marzo de 2018 ás 21:01 (UTC)Responder

  Movido. --. HombreDHojalata.conversa 26 de marzo de 2018 ás 21:35 (UTC)Responder

Perfecto, graciñas--Ogalego.gal (conversa) 27 de marzo de 2018 ás 08:21 (UTC)Responder

Volver á páxina "O siléncio ajoellado".