Conversa:Movemento pola cultura libre

Discussões ativas

UntitledEditar

Non atopei o artigo na lista de artigos con problemas nin cal pode ser o problema para que apareza ese anuncio. --Ifrit 13:24, 30 marzo 2009 (UTC)

  • Obviamente non é un artigazo mais tampouco non lle atopo eu a razón para que estea marcada como con problemas. A ver se alguén máis ou o propio Toliño nolo explica e se cómpre quitámoslle o marcador.--Atobar (conversa comigo) 13:29, 30 marzo 2009 (UTC)
  • O motivo foi porque non me gustaba o nome do artigo. Sinto non telo especificado. A ver se alguén atopa un nome mellor. Polo demais, só precisa dunha corrección que lle podo dar eu agora mesmo. --Toliño Fala aquí comigo 13:40, 30 marzo 2009 (UTC)
  • Tes razón. Movemento Cultura Libre, logo?
Hmmm, hai varias opcións que escoller: Cultura libre, Cultura ceibe, e estas mesmas con movemento diante. Eu non lle poría o de movemento. Así pois optaría por cultura libre ou ceibe (unha redirixiría á outra). Alberte Si, dígame? 13:49, 30 marzo 2009 (UTC)
  • Eu escollería ceibe, sen o de movemento :) --Banjo tell me 13:54, 30 marzo 2009 (UTC)
  • Ola. Como veríades este artigo non é máis que unha tradución da versión en inglés (onde o artigo se chama "Free Culture movement" e a busca "free culture" leva a unha páxina de desambiaguación). Mantiven o nome en inglés pois ese é o nome orixinal do movemento, inda que no resto do artigo utilicei unha versión en galego. Á hora de traducir non debemos confundir o movemento, a filosofía ou o libro. O movemento chámase Free Culture, a filosofía é Cultura Libre e o libro Free Culture (en galego, Cultura Libre [agora mesmo non sei se existe unha versión no noso idioma]). A discusión entre traducir "free" por "libre" ou "ceibe" dá para moitos viños... O movemento Free Culture non é un movemento de liberación, a cultura non está presa ou atada, polo tanto non hai que ceibala... Isto é unha opinión. Eu, para evitar polémicas que non nos levan a ningures, utilizo "cultura libre" que é a de uso máis extendido. Para este artigo a miña suxerencia é que non se cambie nada no título e qeu se cree un sobre a Cultura Libre, do estilo do da versión en castelán. --Ifrit 11:12, 11 abril 2009 (UTC)
Cando movín o artigo, non era consciente da existencia desta conversación acerca de cal era o nome apropiado. Se alguén segue pensando que sería preferible outro nome, non vexo problema en que se mova o artigo a un novo nome. Desculpade :S
Por outra banda, procurando facer un artigo sobre o que é unha obra libre, acabei facendo un artigo que parece un duplicado deste. En canto teña tempo, repartirei o contido do artigo entre este e mais un chamado Obra libre, que explique o que necesita unha obra para ser considerada libre. --GallaecioE logo? 12:27, 2 xaneiro 2010 (UTC)
Mellor pensado podemos esquecer o de Obra libre, todo pode ir neste artigo. --GallaecioE logo? 12:32, 2 xaneiro 2010 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)Editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Movemento pola cultura libre. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 6 de setembro de 2018 ás 03:31 (UTC)

Volver á páxina "Movemento pola cultura libre".