Conversa:Miguel Anxo Murado García

Último comentário: hai 1 ano de MAGHOI no tópico Arbitrariedades.

Arbitrariedades. editar

Toda a entrada está inzada de erros e arbitrariedades inventadas: non naceu en Palas de Rei, senón en Lugo; non fixo a carreira na Universidade de Santiago, como se asegura na sección «alma mater», senón na Universidade Complutense; estudou Bioloxía, non Química; non é doutor en Química, senón en Bioloxía; non e profesor do Departamento de Enxeñaría Química da Universidade de Santiago, senón colaborador nos seus Cursos de Doutoramento e proxectos de investigación; non se mencionan o seu traballo e dirección do Instituto de Ciencias Mariñas de Vigo nin a súa faceta como músico... E así todo. Os datos constan en múltiples obras de referencia galegas de divulgación, principiando pola imprescindíbel Gran Enciclopedia Galega en calquera das súas edicións. A Wikipedia non permite os cambios necesarios nas arbitrariedades do fantasioso «redactor», ben dado á dedución nada traballada. 31.221.245.60 18 de outubro de 2022 ás 13:39 (UTC)Responder

Ola, ip. Agradecemos o teu comentario. É certo que o artigo non ten referencias, pero tamén é certo que a Galipedia é unha enciclopedia aberta na que calquera usuario, tamén ti -permite a confianza- as podes aportar e tamén podes corrixi-las edicións Daquela, admitindo -sempre- a posibilidade de erros e recoñecendo a humildade do noso proxecto, discordo da última frase no sentido de que "non permite os cambios". Precisamente, esa é a esencia do proxecto e chamo, se queres, a que aportes o teu gran de area coa corrección onde cúmpra e as referencias que a apoen. Malia a todo, de novo, agradezo o teu comentario. Unha aperta. MAGHOI (conversa) 18 de outubro de 2022 ás 16:02 (UTC)Responder
Volver á páxina "Miguel Anxo Murado García".