Conversa:María Soliño

Último comentário: hai 4 anos de InternetArchiveBot no tópico Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019)

Untitled editar

Son o autor do xérmolo deste artigo, o resultado dun pequeno traballo de investigación. Gustaríame, primeiro dar as grazas por melloralo, e indicar, á persoa que modificou a entrada, que se ben matizou as datas de nacemento e morte de María Soliño, non correxiu estes datos no resto do artigo. Fagoo eu, confiando nas túas fontes, que deberías indicar. Outra vez grazas.

Datos confusos. editar

O artigo afirma que María Soliño naceu en 1601. Xa que logo, no ano do ataque berberisco a Cangas, 1617, tiña por volta de 16 anos. Afírmase tamén que daquela era xa unha muller casada e con fillos. É certo que daquela a xente era máis precoz que agora, pero paréceme excesivo... No texto tamén se dá a entender que, a raíz do ataque turco, nobres e Igrexa argallaron un plan para, a través de falsas acusacións de bruxería, lle arrebataren as posesións das mulleres máis ricas da vila. Pero tamén se dí que isto aconteceu cando a Soliño roldaba os 70 anos e que puido morrer a causa da tortura en 1680. Pasaron 63 anos entre o ataque e a tortura de María Soliño? Ou hai un erro na data de nacemento (para a cal non atopei referencia ningunha) e naceu por volta de 1550?

Estou a ler A voz do vento, de Pemón Bouzas, novela sobre estes acontecementos que presenta unha María Soliño en 1617 de máis de 60 anos, xa con netos. Non sei cales son as fontes deste escritor, pero dende logo que cadran mellor que a cronoloxía tan confusa que presenta este artigo. Por iso lle chantei este marcador de atención. Saúdos. --Paradanta (Cóntame) 10 de xuño de 2014 ás 08:37 (UTC)Responder

Data de nacemento editar

Se as datas son de 1600, é o século XVII. Se as datas son de antes, tal e como tamén se baralla, sí sería século XVI. O erro neste caso é a non concordancia, aínda que se comprende que hai datos confusos, deberían ir emparellados ano e século. De todas formas o erro é nimio. Non obstante, gracias polo traballo.

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en María Soliño. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 21:24 (UTC)Responder

Problemas ó arquivar ligazóns no artigo (setembro 2019) editar

Ola. Durante o proceso de arquivado déronse erros para unha ou máis ligazóns enviadas para o seu arquivo. Abaixo inclúense as ligazóns que tiveron un problema coa seguinte mensaxe de erro.

Esta será a única notificación en relación a estas ligazóns e non se farán máis intentos de arquivar estas ligazóns.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 12 de setembro de 2019 ás 12:44 (UTC)Responder

Volver á páxina "María Soliño".