Conversa:Ludomanía

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

Untitled editar

É correcto este termo? ou teria que ser Ludomanía xa que no DRAG aparece ludomanía pero non aparece ludopatía.--Alfonso mande 30 de setembro de 2016 ás 13:45 (UTC)Responder

Eu entendo que a forma correcta é ludomanía, como o son opiomanía, cocainomanía, morfinomanía, e outras.--HacheDous=0 (conversa) 30 de setembro de 2016 ás 13:56 (UTC)Responder
O vocabulario de criminoloxía indica ámbalas dúas como sinónimos[1], e o colexio de psicoloxía de Galicia usa "ludopatía" na súa web[2]. A xunta emprega ludopatía nalgún DOG[3] e outros documentos[4]. Non teño acceso o dicionario de psicoloxía da USC, polo que non sei se aparece nese e en que forma. Non obstante, o DSM-V pasou a consideralo dentro dos desordes adictivos, polo que semella lóxico o de "ludomanía" como indica HacheDous=0. Eu deixaría ámbalas dúas denominacións, pero a principal e o título do artigo quizáis debería ser a forma que concorda coa RAG. Banjo tell me 30 de setembro de 2016 ás 14:10 (UTC)Responder
O problema aquí é que non sabemos cando introduciu o termo a RAG no seu dicionario, para min que é moi recente, aínda que non está nas últimas actualizacións pero tampouco sabemos de cando datan estas, polo que é lóxico que o resto de fontes, que son anteriores, non recollan o termo. Nun principio hai que pensar que as publicacións especializadas (dicionarios, vocabularios, e en xeral obras de lexicografía) si que a van recoller a partir de agora, a dúbida é se manterán ludopatía como forma válida ou non. Pero concordo en que mentres non estea máis claro si se pode recoller ludopatía.--HacheDous=0 (conversa) 30 de setembro de 2016 ás 14:17 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Ludomanía. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de agosto de 2018 ás 05:26 (UTC)Responder

Volver á páxina "Ludomanía".