Conversa:Lista de ríos de Galicia

Untitled editar

Non sei até que punto estas ultimas edicións do artigo por parte do usuario Iagocasabiell son pertinentes. --Atobar (conversa comigo) 12:08, 4 setembro 2009 (UTC)

Pretendía completar o artigo cunha clasificación máis xeográfica, para engadila ó listado alfabético. É moi probable que teña erros, intentaba organizar a estrutura desa clasificación, para podela completar entre todos. Creo que sería fundamental colocar ó inicio un índice (non sei como se fai, non teño experiencia aínda), unha introducción e unha foto bonita dalgún río de galicia. Outra alternativa que propoño é crear un artigo sobre a hidrografía de Galicia, e deixar éste só como o listado alfabético. Iagocasabiell 14:07, 4 setembro 2009 (UTC)

Creada a páxina Hidrografía de Galicia, de momento redirixindo aquí, cando esté lista, borrarase a redirección. --Iagocasabiell 16:37, 4 setembro 2009 (UTC)

Homónimos editar

Pregúntome ata que punto convén engadir unha fila na táboa para cada nome distinto que recibe un río. Por exemplo, a ligazón ao río Asneiro leva á súa páxina, pero a ligazón ao río Arneiro leva á mesma, porque son dous nomes distintos para o mesmo río. O resultado deste modo de facer as cousas é que se pode atopar ben un río sen importar o nome polo que se busque, o negativo é que teríamos unha táboa con moitas máis filas que ríos. Espero consello. --Xoacas(Góstache o pemento?) 21:22, 5 marzo 2010 (UTC)

Ríos non galegos editar

Repasando a lista só ata a letra "c", atopei catro ríos que non transcorren polo que hoxe é a Comunidade Autónoma de Galiza. Son o río Boeza, o río Cabreira, o río Cúa (os tres leoneses) e o río Coura (portugués; este ademáis ten dobre erro, ao pór que transcorre pola provincia de Ourense, cando ten a foz en Caminha, enfronte de A Guarda). Antes de eliminalos quería cerciorarme de que non houbese algún acordo que descoñezo para incluilos na lista de ríos galegos. Un saúdo!--Paradanta (Cóntame) 22:11, 15 de setembro de 2010 (UTC)

Ocórreseme que pode ser porque teñen o modelo Río; quizais por isto aparezan categorizados en Ríos de Galicia. --Estevo(aei)pa o que queiras... 22:20, 15 de setembro de 2010 (UTC) Trabuqueime. --Estevo(aei)pa o que queiras... 22:21, 15 de setembro de 2010 (UTC)
Volver á páxina "Lista de ríos de Galicia".