Conversa:Lista de concellos de Valencia

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

A Galipedia non conten listas!? editar

Sorpréndeme o marcador engadido {Lixo|A Galipedia non contén listas}. Eu conto uns 310 artigos na galipedia que se chaman Lista de .... Alguén pode aclarar se temos unha política para estes casos ou cal sería a forma de actuar neles?--. HombreDHojalata.conversa 09:21, 5 de marzo de 2011 (UTC)

Sería absurdo non ter listas, logo por exemplo, se alguén procura información da poboación dos concellos de Valencia tería que ir concello a concello (e tamén se debería incluír a extensión ou outros datos)--Cheluco 09:26, 5 de marzo de 2011 (UTC)
(Escribo aquí a falta doutro lugar mellor onde desenvolver o fío):
Máis que a frase categórica "A Galipedia non ten listas", creo que é máis correcto expresar "A tendencia na Galipedia é evitar as listas". Eu tampouco lles vexo demasiada utilidade. @Cheluco: a información sobre os concellos (habitantes, extensión, comarca...) ben se pode integrar no propio artigo da provincia (neste caso, provincia de València). Un saúdo. --Estevo(aei)pa o que queiras... 10:08, 5 de marzo de 2011 (UTC)
Fíxate na extensión desta lista, e como quedaría nun bo artigo sobre a provincia de Valencia, pero ademais temos a categoría Listas, temos listas de monumentos con información moi útil, eu de feito utilizo moito as listas da wikipedia en inglés, onde hai milleiros que me aforran moito tempo para procurar algún dato concreto.--Cheluco 10:15, 5 de marzo de 2011 (UTC)
Eu, de todas, penso que este caso non entra dentro da política de Eliminación rápida--. HombreDHojalata.conversa 10:21, 5 de marzo de 2011 (UTC)
Non, non o é, e se alguén quere que se eviten ou se eliminen as listas debería propoñelo na Taberna--Cheluco 10:23, 5 de marzo de 2011 (UTC)

Como o que editou todos eses artigos fun eu, aquí vai a miña opinión. Máis dunha vez tense falado deste tema, non en xeral senón para casos particulares. Un artigo cuxo contido sexa simplemente unha relación de cousas (sexan concellos, monumentos, persoeiros etc) é inútil e innecesario, pois non proporciona máis información que a categoría á que pertencen os elementos listados. Por exemplo, a Lista de concellos da Rioxa contén unha enumeración dos concellos co seu código postal, a súa poboación e a súa densidade, a Lista de concellos de Xaén proporciona datos de poboación dende o 1900 ata o 2006, a Lista de concellos de Lugo contén superficie, habitantes, comarca, parroquias e lugares, eleccións municipais e imaxes. Estas tres non as marquei, polo motivo que expoño. En todo caso a cousas como a Lista de concellos de Sevilla non lles vexo interese enciclopédico ningún. Se cadra era mellor procedemento abrir unha discusión previa e, pensándoo agora, non me parece que fose acertado consideralos artigos para borrado rápido, como di HombreDHojalata. A discusión parece que xa está aberta, decidamos o que facemos. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 12:54, 5 de marzo de 2011 (UTC)

Non é certo que estes artigos teñan o mesmo contido que as categorías. Nótese que ducias de concellos aparecen na lista e non se atopan na categoría Concellos de Valencia, sinxelamente porque inda non se crearon os artigos. Se eliminamos o artigo estamos a eliminar información importante, útil, que levou un tempo recoller, e que non temos en ningún outro lado--. HombreDHojalata.conversa 13:15, 5 de marzo de 2011 (UTC)
E outro punto de vista: as listas que só teñen a información básica, unha relación de elementos, tamén se poden considerar como a semente dunha lista máis completa no futuro, igual que se fai cos artigos que comezan cunhas liñas e poden rematar sendo artigos destacados... As listas poden evolucionar e mellorar, poden engordar con novas columnas ou filas, con notas ó pé, con enlaces externos e con enlaces a Commons!. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 01:43, 6 de marzo de 2011 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 2 ligazóns externas en Lista de concellos de Valencia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 26 de agosto de 2018 ás 03:07 (UTC)Responder

Volver á páxina "Lista de concellos de Valencia".