Conversa:Isaac Díaz Pardo/Arquivo 1

Untitled editar

Revisando mudanzas dos IP atopo esta edición que consiste en eliminar a palabra "censurada" da descrición do enlace. É a única edición que fixo ata hoxe ese IP (3 de abril de 2007), esa descrición fora mudada por outro IP anteriormente. Debido a que ambalas dúas edicións semellan defender un punto de vista verifiquei diversas versións da biografía para determinar cal das edicións debe permanecer. Comparei a versión actual da biografía coas versións antigas arquivadas no Internet Archive WayBack Machine e coas do caché de Google (polo de agora almacena a versión da páxina de principios de febreiro de 2007). Verifiquei as mudanzas do sitio web http://www.sargadelos.com en galego, castelán e inglés. Revisei o código fonte e a navegación. O resultado é que na páxina da biografía (http://www.sargadelos.com/ga/diazpardo1.html) desapareceron na parte inferior os vínculos títulados Escribirlle a Isaac | Formulario de correo para escribirlle a Díaz Pardo e deixou de funcionar o enlace da parte superior da páxina ao formulario de correo (tamén desapareceu nas versións en inglés e castelán). Nas versións arquivadas si existe. Asimesmo desapareceu da navegación, do formulario coa relación de páxinas e da portada calquera referencia a Díaz Pardo (nas tres linguas). Por regra xeral imaxes, enlaces e referencias desparecen mediante a introdución de comentarios (<!-- -->) que agachan o contido no código fonte, ás veces elimínase directamente. Sen o enderezo exacto é moi dífícil chegar á biografía á que hai algunha ligazón illada nalgunha páxina secundaria. O resultado das comprobacións é que o contido da biografía non se mudou (a última edición que se fixo nela foi o 1 de marzo de 2007, a comprobación foi feita o 3 de abril de 2007) o que si mudou considerablemente foia posibilidade de acceder a dita biografía, ás páxinas relacionadas con Isaac Díaz Pardo e resulta imposible acceder aos formularios de contacto. A cuestión que surxe do exposto é que todo o dito é relevante en relación con esa ligazón, sendo o texto de descrición da ligazón significativo para o propio artigo. Aínda non cheguei a unha conclusión definitiva sobre se se debe recuperar ou non a palabra "censurada" na descrición do enlace, o que si me parece claro é que a descrición dalgún xeito debe recoller o que sucede con esa ligazón. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 12:03, 3 abril 2007 (UTC)

  • Eu creo que non ocurre nada, salvo que Isaac Diaz Pardo deixou de formar parte de Sargadelos. Vexo normal que entón non teñan dende alí un xeito de contactar con el se xa non traballa alí.--Fryant 13:31, 3 abril 2007 (UTC)
O que é relevante para o wiki, e por iso dediquei un tempo a verificalo, é que as edicións que pretenden transmitir puntos de vista desfanse en canto se detectan (máis nos casos nos que pretende conseguir un obxectivo concreto). Aquí concorren dous IP con puntos de vista enfrontados e hai que resolvelo (por certo non é a primeira vez que temos que ocuparnos do apartado ligazóns externas). Se o asunto se limita a retirar un enderezo de contacto dun sitio web a cousa non tería maior trascendencia, pero se o que ocorre é que se eliminan todas as referencias á unha persoa o feito ten unha interpretación diferente (non podemos esquecer que as edicións das que tratamos agochan outras implicacións alleas a este wiki, outra cousa é se era apropiado utilizar a palabra "censura" na descrición do enlace ou non). A cuestión é que temos que verificar que a información que se publica é certa, que non sexan as partes interesadas as que inflúan neste ou noutros artigos, e que os lectores sexan quen de avaliar por si mesmos o verdadeiro sentido das accións expostas. Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 14:26, 3 abril 2007 (UTC)

Non entendo nada de como funciona isto da Galipedia, desculpádeme. Só quero aclarar que a figura de Isaac Díaz Pardo foi completa e exhaustivamente eliminada da páxina oficial da cerámica de Sargadelos. Buscade na "suposta" historia da empresa e asombrádevos, de rebote tocoulle tamén a Luís Seoane. Parece que a fábrica, o Seminario e o prestixio enorme que goza actualmente en todo o mundo Sargadelos e, polo tanto, Galiza, naceu da nada. Pelexas empresariais e económicas á parte, isto aclara moito sobre a elegancia e a educación dos novos xestores e agranda o pesimismo que moitos sentimos sobre o futuro deste fito cultural e económico da Historia de Galiza.

Volver á páxina "Isaac Díaz Pardo/Arquivo 1".