Conversa:Illiña de Forvik

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

Untitled editar

Non queda claro se a declaración de independencia ten algún valor xurídico, porque en realidade legalmente supoño que a illa seguirá sendo territorio do Reino Unido e non dependencia da Coroa.--Arco de Rayne 07:53, 6 xullo 2008 (UTC)

Ata onde eu sei, as declaracións de independencia teñen o valor xurídico que os demais lle queiran conceder, pero intrinsicamente son iguais (coma Kosovo, p.ex.). É dicir: a declaración, dende o momento en que o señor é propietario, supoño que ten unha certa validez, pero ao mesmo tempo ninguén vai abrir embaixadas en Forvik e tampouco o exército británico invadirá a illa para recuperar o control. Quizais a palabra a teña a Facenda británica, se recoñece que non ten xurisdición sobre os impostos dos cidadáns que residen fiscalmente nela. Para os cidadáns é bastante obvio, porque se necesita ter 183 días de residencia anual nun punto (algo que semella inviábel fisicamente), pero quizais para as empresas podería ser máis atraente. No artigo non queda claro porque non atopei fontes que o indicasen (tampouco que non o indicasen).--Xabier Cid Conversa 08:13, 6 xullo 2008 (UTC)

  • Kosovo foi recoñecido por ducias de estados, Forvik por ningún. Penso que é unha diferenza importante. O que quería dicir é que a noticias saiu en ducias de medios de comunicación pero que diferenza ten con que eu declare a independencia das miñas leiras, e este señor a illa da que é propietario. Xuridicamente ningunha, quizais eu non saise nos medios pero legalmente sería o mesmo, non ten validez ningunha.--Arco de Rayne 08:47, 6 xullo 2008 (UTC)

A ver, non é exactamente igual Forvik cás súas leiras. Primeiro de nada, Forvik é unha illa. En segundo lugar, e como o propio Hill reivindica, é unha das illas Shetland, que teñen un sistema particular de adhesión á Coroa británica que el reivindica, posto que como el ben sinala, este é supostamente o primeiro paso dunhas Shetland independentes. En terceiro lugar, o dereito británico non é o dereito español (que é onde eu supoño que vostede ten rexistradas as leiras): a monarquía española non ten dereitos sobre territorios doutros estados, e aquí si. E xa non me refiro á xefatura de Estado de Australia, senón a casos como a illa de Man, que é propiedade de Sabela II pero non lexisla sobre ela o goberno de Gordon Brown. Así que por unha parte, non ten validez no sentido de que non vai participar un equipo de Forvik nos Xogos Olímpicos, pero tena dende o momento en que esa declaración de independencia é verdadeira. Agora terá que exercer esa independencia de facto, en particular dende o punto de vista tributario, algo que só parcialmente exerce Kosovo, e algo que fai en boa medida Abxasia, a pesar de non ser recoñecida internacionalmente (ou por Rusia só, ou así). --Xabier Cid Conversa 12:02, 6 xullo 2008 (UTC)

  • Ben imos por partes, a illa en realidade chámase oficialmente Forewick Holm[1] e (PDF), Hill mercou a illa hai uns anos e cambioulle o nome para Forvik, pódese pensar que o nome colleu certa popularidade xa que así aparece nos medios de comunicación. Hill podería proclamar a independencia pero o que non pode é declarar unilateralmente que a illa é dependencia da Coroa sen consentimento do goberno británico, e non o ten, xa que un voceiro do ministerio de xustiza declarou que "Under the UK constitution, Forvik is part of the Shetland Islands, which is subject to UK legislation. The people of Shetland pay taxes to the United Kingdom exchequer and elect MPs to the UK parliament. Forvik is an integral part of the UK" [2]. E aínda que as dependencias da Coroa non son parte do Reino Unido, o goberno británico ten competencias sobre elas como a defensa e os asuntos exteriores (PDF). Non entendo o que dis cando falas do sistema particular de adhesión á Coroa británica, Shetland pertence a Escocia e é parte integral do Reino Unido.--Arco de Rayne 14:02, 6 xullo 2008 (UTC)

Moi boa a referencia da fonte non identificada do ministerio, porque axuda (e moito) a completar a información. Polo demais, non nos imos liar aquí a examinar a complexísima lexislación británica e menos aínda a partir de fontes tan precarias: xa se reunirán os lores no seu día e farán o traballo por nós. O que dicía das Shetland remite ao tratado polo que o arquipélago pasou a formar parte da Coroa no seu día. En todo caso, polo que ao artigo se refire, todos os debates podemos facelos un día que nos vexamos, non? A ver se consigo ir á illa e somos a primeira wiki con fotos, ;) --Xabier Cid Conversa 14:56, 6 xullo 2008 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Illiña de Forvik. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 5 de setembro de 2018 ás 03:32 (UTC)Responder

Volver á páxina "Illiña de Forvik".