Conversa:Idade Antiga de Galicia

idade antiga ou proto historia ? editar

A proto-historia esta antes da antiguedade dun pobo. Non entendo ben do que se fala neste artigo.Elvire 22:58, 29 outubro 2007 (UTC)

  • Buf, nese tema o mellor sería que aparecese un historiador e o aclarase. Según teño entendido a protohistoria é o periodo no que se coñece a través de fontes escritas aconteceres dun pobo, no canto que a Idade Antiga xa pertence a historia. A cultura castrexa sería a ponte entre a prehistoria e historia de Galicia. As primeiras fontes que falan da cultura castrexa son os clásicos supoño, na que estaría a discusión da identificación das Casiterides e o comercio fenicio e a cultura mediterránea como primeiros contactos con pobos con lingua escrita. A cronoloxía da historia de Galicia estaría ben que se debatese porque a considero fundamental para a súa categorización. Quizais cando termine a A Gran Historia de Galicia que está a sacar agora un xornal poida propor algún debate, mentres o ideal sería que algún historiador que colabora ou calquera que se sinta preparado votase unha man con esto. Quizais tamén estaría ben levar este debate ao Portal de Historia de Xosé. O tema interesante os coñecementos limitadiños. Lansbricae (Ti dirás) 23:18, 29 outubro 2007 (UTC)
  • Concordo totalmente conti en canto ao fondo do teima da cultura castreña. Eu refírome aqui á forma : en historia sábese que a chamada idade antiga en Europa trata da época romana ou grega, en cada réxion cando se empezou a escribir, en Galicia sera cando empezase a atopar épigrafia. Logo é outra cousa dicir que a cultura castreña iniciose na pre-historia, logo en proto-historia e aínda viviu un pouco na chamada idade antiga. En concreto eu estou pa borrar isto : "A indoeuropeización do cuadrante norocidental da Península Ibérica durante o Idade do Bronce foi continuada por elementos se cadra célticos durante a Idade do Ferro, a partir do século VI a.C.. Apareceu así a Cultura Castrexa, caracterizada polos castros ou citanias, povoados fortificados sen a penas urbanismo. Ainda que por veces ferro e Cultura Castrexa se fagan equivalentes, convén distinguir entre os dous conceitos porque a transición entre Bronce e Ferro é ainda bastante descoecida e non está claro que elementos anteriores pervivíron e de onde proveñen os rasgos prototí­picos do mundo castrexo. Con efeito, os castros máis antigos datan dos séculos VIII e VII a.C. Esta área cultural ten o seu limite oriental no río Navia e o Bierzo e o meridional no río Douro. Non se deu en nengun momento un proceso de construción de entidades de tipo estatal, xa que se trataba dunha sociedade de tipo xentilício. Da lenta fusión por aculturación entre os mundos castrexo e provincial romano surxe a cultura galaico-romana" e logo fager o que se poda pa ter un boo artigo, sabendo co resto fala de proto historia. A min pareceme claro ; pre hsitoria( litico, metais), logo proto hsitoria, logo idade antiga, logo idade media. Isto en cada zona do mundo corresponde a unha evolucion da forma dos humanos de ocupar o teritorio. E verdade que se ten costumbre nos libros de vulgaricazion de por datos anchos por cada gran zona. Si o deixamos esi este artigo leva confusion metodoloxica po estudiantes e pa demais xente tamen Elvire 19:49, 3 novembro 2007 (UTC)
Concordo co que plantexas. Para o meu entender ese anaco tamén debería eliminarse, e tamén entendo esa clasificación. Agora ben como se traslada a Galicia? Neso é no que dubido xa que se non temos en conta as posibles referencias anteriores (as Casiterides principalmente) que son obxecto de varias hipóteses (se son as illas británicas, se é a Bretaña francesa...) sempre entendín que en Galicia ou no noroeste peninsular a Protohistoria e a Idade Antiga son coincidintes no tempo, e coinciden ambas coa romanización de Galicia e co periodo castrexo tardío ou pleno, a coñecida como Cultura Galaico-romana. Descoñécese o uso da escrita antes da chegada romana e as referencias na escrita doutros pobos aos pobos galegos non está nada claro que fagan referencia a estes pobos ou a outros da fachada atlántica europea. Por isot che dicía que eu pouco podo aportar para esclarecer pero apoio a túa idea de eliminar o que pode levar a equívoco ao lector e tentar facer algo que inda que modesto sexa máis científico. Ánimo. (pola miña parte tentarei buscar algunha fonte sobre epigrafía, a USC tiña publicado un libro sobre as fontes clásicas na historia de Galicia que lin e que debo ter na casa, e votar unha man co que saque en limpo). Lansbricae (Ti dirás) 20:26, 3 novembro 2007 (UTC)

Falando dunha cronoloxia propia de Galicia editar

Por ben voltas que lle dè non dou cavilado pa conservar o que dixen mais arriba :

  • " A min pareceme claro ; pre hsitoria( litico, metais), logo proto hsitoria, logo idade antiga, logo idade media."

esto foi con intecion de respetar a tabloeira que temos na Galipedia sobre a cronoloxia da historia en Galicia :

  • Prehistoria : O Megalitismo, Idade de Bronce, Idade Antiga : Cultura Castrexa, Gallaecia, Reino Suevo ...

Volvo as miñas bases xerais :

En resumo volvo o inicio da conversa : non vexo ben do que se trata niste artigo, o concepto da idade antiga en Galica non esta claro pa comunidad cientifica, pois a Galipedia que recolle o estado da sabedoria tampouco o pode ter claro. Si podo tratarei de propor unha cabeceira mais adecuada, sin sacar os informes que xa estan no artigo. ElviraConversa con mi 12:03, 25 decembro 2007 (UTC)

Xustamente arredor desta idea de cambio estiven estes días, grazas a lansbricae que me enterei que por outra banda tamén se estaba a falar disto. Copio un pouco a miña idea, que nacía encol da Idade Media:

O que hoxe vos propoño a todos é unha reformulación dos periodos históricos en Galicia, é dicir, ata agora temos: Idade Antiga: Cultura castrexa, Gallaecia, Reino Suevo, e despois Idade Media: Reino de Galiza, Época Altomedieval e Galicia Feudal.

Entendo a quen dispuxo primeiramente así a historia galega, pero con todo penso que é mellorable e debemos de progresar en boa direción, explicome;, propoño que fagamos un cambio, e que na historia antiga non engadamos o Reino Suevo, porque?, porque o comezo da idade media en Europa a marcan xustamente as invasións xermánicas, a creación dos reinos e especialmente a caida de Roma, iso é un feito universal e como tal penso que deberiamos respectalo, é dicir comezar no século V d.C.

É dicir, eu cingiría a 2 periodos a Idade Antiga: Cultura castrexa (ou galaica ou prerromana), e periodo Galaico-romano (Gallaecia simplemente é o nome latino de Galicia), se cadra encol dos nomes merece outra proposta. Por outra banda, é incuestinabel que no século V comeza a Idade Media, tampouco ten senso que na nosa cronoloxía apareza Epoca Altomedieval se despois non lle acompaña unha Época Baixomedieval. Tampouco ten senso o de Reino de Galiza porque ata o 1833 somos un reino. Con todo eu propoño seguir novamente o modelo que dende uns anos acó se situa como máis correcto. Sería dentro da IDADE MEDIA: Periodo Tardo-Antigo (V-VIII), Periodo Altomedieval (VIII-XIII), e Periodo Baixomedieval XIII-XVI. Nese momento a finais do XV e comezo do XVI é cando comeza a Idade Moderna, estes séculos varian sensiblemente dun país a outro, pero en liñas xerais son aceptados pola comunidade, e visible mesmo en internet. Penso que se fai máis doado e non estamos a cortar a Idade Media, que está marcada polos reinos, ten unha coerencia maior, e a historia antiga tamén.

En canto ao tema de Historia Antiga, vou mirar un pouco o caso de paises afíns, e ver como se situan eles.Alexandre Vigo

Volver á páxina "Idade Antiga de Galicia".