Untitled editar

Copio aquí a observación do DRAG sobre as diferenzas entre lume e fogo Fogo e lume son palabras de significados moi próximos pero con usos distintos, aínda que é difícil establecer unha delimitación teórica. Propiamente o fogo refírese á combustión en si ou á súa manifestación en forma de calor, mentres que o lume indica luz, chama, claridade e mesmo calor. O uso de fogo é por tanto moito máis restrinxido e só moi raramente pode aparecer en vez de lume. Dicimos así: prendeulle lume á casa ou quentábanse á beira do lume; pero pola contra temos: o fogo é un fenómeno físico, as armas de fogo, o fogo de fusil ou os fogos que botaron na festa.. Como supoño que este deus non manifesta a súa divindade só en razón da calor ou da combustión, o que sería moi raro nunha figura mitolóxica aínda que posible pero para iso habería que ter referencias sobre a palabra ou palabras maias que o designaban, senón que simboliza tamén a luz e a chama, o correcto é deus do lume.--RNC 15:48, 18 novembro 2009 (UTC)

Volver á páxina "Huracan".