Conversa:Home

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (agosto 2018)

Untitled editar

Isto quere dicir que non hai ningún artigo sobre "Home", e si que hai de "Muller"?. Felicítovos a todas, isto non mo esperaba. --Gallaecio 08:19, 23 agosto 2007 (UTC)

O caso é que si debe habelo.--Arco de Rayne 12:03, 29 marzo 2008 (UTC)

Varón editar

Considero que o máis exacto e axeitado é o termo varón cuxo único significado é «individuo da especie humana, de sexo masculino», porén, home (do latín homo, -ĭnis cuxa orixe sería protoindoeuropea e que tamén daría en latín a humus 'terra', de aí que o significado de homo fose 'terrícola', 'ser da terra', 'ser humano' (vésaxe homo aquí e aquí) posúe dous significados complementarios mais distintos, o primeiro «Mamífero da orde dos primates que forma a especie humana, a máis evolucionada da Terra, e que se caracteriza fundamentalmente por adoptar a posición vertical, ter linguaxe articulada, intelixencia moi desenvolvida e facultade de razoar» e o segundo «Individuo da especie humana, de sexo masculino». É, entón, home correcto? Si, mais pode dar lugar a confusión entre o significado de 'ser humano' (o seu significado etimolóxico) e o de 'ser humano de sexo masculino' (significado adquirido nas diferentes linguas románicas que probablemente se deu debido ao androcentrismo imperante da época, así, a través da linguaxe, explicitouse que o ser humano por definición é como tal o varón, mentres que a muller era só un «engadido» —esta visión do varón como ser universal podemos atopala dende Aristóteles ata en san Tomé de Aquino e mesmo se prolonga ao século XX). Aínda que as connotacións que a palabra home non sexan, ao mellor, suficientes para cambiar o nome do artigo penso que a anfiboloxía si que é unha causa de peso, así, por exemplo, nas wikipedias en castelán e asturiano o título correspondente é varón.--Isili0n (conversa) 18 de marzo de 2017 ás 09:38 (UTC)Responder

Unhanova, Elisardojm, vós que opinades?--Isili0n (conversa) 18 de marzo de 2017 ás 10:29 (UTC)Responder

O certo é que a forma máis empregada é "home". Véxase o seguinte exemplo: nesta páxina, na que todos nós falamos de diferenzas de xénero, empregamos "varón/s" 11 veces e "home/s" en 81 ocasións. --. HombreDHojalata.conversa 18 de marzo de 2017 ás 11:36 (UTC)Responder
Se eu non digo que o uso de home para «Individuo da especie humana, de sexo masculino» sexa minoritario, o que estou a dicir é que xera anfiboloxía co outro significado de «Mamífero da orde dos primates que forma a especie humana...», confusión que con varón non ocorre (forma empregada no DNI, por exemplo). De xeito semellante, isto tamén ocorre na taxinomía, cando empregamos un nome que abrangue unha especie enteira tamén para nos referir a unha subespecie en concreto, isto crea unha anfiboloxía que, dentro da taxinomía, resolven empregando distintos adxectivos que acompañan a ese nome xeral; iso non quita que na fala se continúe usando o nome xenérico da especie tanto para a especie coma para a subespecie.--Isili0n (conversa) 18 de marzo de 2017 ás 12:11 (UTC)Responder
Como apunte, en taxonomía só hai o caso do xénero taxonómico de "Homo". Así que por min, si, movédea a "varón" e redirixide "home" a "varón". [NB. non sei onde se atopa esa definición pero vaia aberración conceptual a Darwin e á bioloxía evolutiva...: "a especie humana, a máis evolucionada da Terra,..." ] Mgl.branco (conversa) 18 de marzo de 2017 ás 12:39 (UTC)Responder
Mgl.branco, as definicións que menciono proceden do DRAG. Saúdos.--Isili0n (conversa) 18 de marzo de 2017 ás 12:41 (UTC)Responder
Déixasme pampo. Grazas Mgl.branco (conversa) 18 de marzo de 2017 ás 12:50 (UTC)Responder
Atobar, creo que na miña primeira intervención deixei meridianamente claro que home é válido; eu estou a dicir que pode dar a anfiboloxía, igual que ocorre a nivel científico na taxinomía (véxase, por exemplo, o apuntamento que fai Miguelferig na conversa de musgo sobre a confusión que pode crear mofo).--Isili0n (conversa) 18 de marzo de 2017 ás 12:37 (UTC)Responder
Ola, Isili0n. Sendo "home" unha opción correcta e a primeira entre as que acompañarían dun dicionario de frecuencias, non vexo xustificación para o cambio. A iso ía. Podería extenderme, pero tratei de sintetizalo nesa frase: é correcto, logo non presenta problema. --Atobar (conversa comigo) 18 de marzo de 2017 ás 16:54 (UTC)Responder
Atobar, entendo o teu punto de vista sobre o seu uso máis frecuente, pero insisto na anfiboloxía que a palabra provoca. Segundo o criterio que ti apuntas, no caso que che mencionei sobre musgo, cando debateron o cambio de brión por musgo ou mofo terían que ter só en conta cal dos dous é máis frecuente co significado de «Vexetación formada por plantas da división das briófitas» e eludir que a palabra mofo pode dar confusión porque tamén fai referencia a fungos? Eu penso que se ambas as dúas son igual de correctas, pero unha pode xerar anfiboloxía e outra non, o mellor é empregar como título do artigo a que non dea lugar a dúbida.--Isili0n (conversa) 18 de marzo de 2017 ás 17:20 (UTC)Responder
Ola de novo. Eu on lle vexo ningún problema nin creo que presentes dúbidas a opción "home". --Atobar (conversa comigo) 18 de marzo de 2017 ás 17:28 (UTC)Responder
A voz varón teño entendido que entrou bastante recentemente no DRAG, xa que a iso en galego tradicionalmente se lle chamou home. Non obstante, se na páxina do que se fala é do macho humano e tendo (agora) a posibilidade de usar a palabra varón, pois penso que é máis exacto varón. Pero debe existir tamén a páxina home ou ser humano para falar da especie Homo sapiens, e dado que esa páxina foi titulada ser humano, entón home debería redirixir a ser humano. De todos modos, noutras páxinas non dicimos "ser gorila", "ser gacela", "ser xirafa", "ser aguia" etc., aínda que eses non son termos acuñados como si o é ser humano, pero tamén son termos acuñados "home de Neanderthal", "home de Pequín" (e non "ser humano Neanderthal"). A verdade que eu non usei moito nos artigos a palabra varón, porque pensaba que non era admitida en galego, pero cando usei home era sempre en contextos que non ofrecen confusión. Xeralmente poño cousas como: "o haplotipo A aparece no 50% dos homes africanos e no 20% dos homes asiáticos...", xa que falo dos haplotipos do cromosoma Y (cromosoma exclusivamente masculino) e polo contexto queda claro que se exclúen as mulleres. Ou digo, "as mulleres transmiten a hemofilia e os homes padécena" (xa que a transmiten as mulleres no seu cromosoma X), ou "as enfermidades cardíacas son máis frecuentes en homes que en mulleres", xa que o contexto non deixa opción a confusións.--Miguelferig (conversa) 18 de marzo de 2017 ás 19:32 (UTC)Responder
Miguelferig, graciñas pola túa intervención. Concordo co que dis de redireccionar home cara ao artigo ser humano, porque penso que o significado de 'ser humano' prima antes que o de 'ser humano de sexo masculino' (véxase que no DRAG aparece nesta orde, acorde coa historia da palabra). Respecto ao que dis de empregar home co significado de 'ser humano de sexo masculino' cando non dá lugar a dúbida si que me parece moito máis acertado, aínda que non o comparto de todo.--Isili0n (conversa) 18 de marzo de 2017 ás 20:20 (UTC)Responder
Eu concordo con Isili0n e Miguelferig, é máis correcto o termo varón xa que non deixa dúbidas. O que non teño tan claro é se redireccionar home a ser humano ou a varón, no DRAG varón e home son sinónimos... Saúdos, Elisardojm (conversa) 19 de marzo de 2017 ás 16:42 (UTC)Responder

E cunha paxina de homónimos non solucionamos? Como se fixo sempre. --Xoacas(ti si que es lindo, ho) 19 de marzo de 2017 ás 18:08 (UTC)Responder

Varón e home son sinónimos, pero home e ser humano tamén son sinónimos e é o significado da 1ª acepción no DRAG. Ser humano = humano = home = Homo (nome científico). Por exemplo, "home de Cro Magnon" refírese a unha raza antiga de Homo sapiens, non só aos machos desa raza. Cando se usa ese termo do exemplo en case todas as ocasións se refiren a el como grupo taxonómico (con machos e femias); só moi raramente en certos contextos se referirá só aos machos.--Miguelferig (conversa) 19 de marzo de 2017 ás 18:31 (UTC)Responder
Eu penso que Xoacas ten razón, podemos facer como na wiki.es, es:Hombre (desambiguación). Saúdos, Elisardojm (conversa) 20 de marzo de 2017 ás 09:15 (UTC)Responder
Xoacas, Elisardojm a idea dunha páxina de homónimos paréceme ben. Entón que facemos? Cambiamos o título por varón e creamos o artigo de homónimos xa ou hai que facer unha votación? (non controlo ren nestes temas de como van o das votacións).--Isili0n (conversa) 21 de marzo de 2017 ás 14:49 (UTC)Responder
  • Tan só aproveito para confirmar o que sinala aí arriba Miguelferi ("A voz varón teño entendido que entrou bastante recentemente no DRAG, xa que a iso en galego tradicionalmente se lle chamou home"). Así é. Até hai un par de anos, poida que nin sequera, varón non viña recollido no DRAG máis que como vara grande. É dicir, como sinónimo de home é moi, moi recente. Ben me lembro de corrixilo en máis dun texto. Mágoa, polo demais, que sexa un deses casos que na Academia modifican sen deixar constancia na lapela de actualizacións e últimas modificacións. Isto non varía nada, pero en vista de que o comentou Miguelferig, eu aproveito e confirmo. --Atobar (conversa comigo) 21 de marzo de 2017 ás 16:16 (UTC)Responder
A súa recente incorporación non significa que non fose propia da lingua, véxase, por exemplo, no Dicionario de dicionarios do galego medieval que este termo é empregado dende as orixes da lingua. No Tesouro informatizado da lingua galega rexístrase o seu uso dende 1697.--Isili0n (conversa) 21 de marzo de 2017 ás 18:09 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (agosto 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 5 ligazóns externas en Home. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 25 de agosto de 2018 ás 11:01 (UTC)Responder

Volver á páxina "Home".