Conversa:Historia de Galicia
Wikipedia non é un foro de discusión. As páxinas de conversados artigos están destinadas ao diálogo sobre a edición do seu contido. Por favor, abstente de escribir reflexións persoais ou non enfocadas ao desenvolvemento do artigo; apoia a túa información engadindo referencias. |
Este artigo foi elixido como un artigo destacado sobre Galicia na portada. A proposta e votación correspondente atópase nesta páxina. |
Tarefas por facer en "Historia de Galicia": | |
---|---|
|
Arquivos
|
Reformulación
editarSaudos a todos, andiven ás voltas con este artigo, do cal teño que dicir que estou un tanto apenado, na miña opinión merece ser un auténtico referente, e para iso queria instar a todos os que queirades colaborar neste artigo para organizarnos, para ir enchendo ocos, e para reformulalo porque considero que o precisa con urxencia. Un saúdo compañeiros.--Alexandre Vigo 00:32, 23 marzo 2009 (UTC)
Eu podo botarche unha man, só tesme que dicir en que che podo axudar.--Hugo22 00:35, 23 marzo 2009 (UTC)
Plenamente de acordo, reparte choio (por temas ,épocas...) que eu encárgome dunha parteemilio juanatey(talk) 20:24, 23 marzo 2009 (UTC)
Non sei se podo axudar, pero concordo a 200% e se algo podo facer contar comigo. Idea máis que boa para Galipedia. ElviraConversa comigo 21:05, 23 marzo 2009 (UTC)
Ben, acabo de reelaborar un cadro de Historia de Galicia, Modelo:Historia Galega, collendo parte das cousas que ten o actual e tentando salvar algunhas das súas deficiencias, non está perfecto nin moito menos porque aínda hai cousas que teñen que ir ben enlazadas e todo iso, pero se cadra pode axudarnos a, primeiro: collelo como base e poñelo como todos consideremos mellor, e segundo: o cadro final que deseñemos que nos sirva de guia para reelaborar. Bueno ai está a miña primeira proposta. Un saúdo compañeiros.--Alexandre Vigo 10:04, 26 marzo 2009 (UTC)
- O artigo ten calidade, só necesita completar datos e facer unha redacción coherente nalgún parágrafo que ten unha especie de notas (non o digo negativamente, falta unir os datos de maneira ordenada e con parágrafos, p. ex. na monarquía alto-medieval). Penso que tamén ten algunha lagoa, e debería falarse dos 3 sectores (primario, secundario e terciario) no século XX. Se alguén se anima, mellor. Saúdos. --Xoán Carlos Fraga --Xoán Carlos Fraga 22:18, 16 marzo 2010 (UTC)
- Desde a miña óptica, pódese mellorar este artigo con estas ideas (seguro que vós tedes máis ideas):
- Imaxes de 3 mapas de Gallaecia indicando zonas con megálitos, petróglifos e castros (3 imaxes en total)
- Mapa das 7 provincias galegas, a poder ser ben clariño. O que hai está ben bonito, mais outro marcando ben as límites melloraría a pedagoxía.
- Os foros agrarios pódense ampliar e tamén hai que crear o artigo de foro agrario.
- Ampliar o século XVIII.
- Mellorar A monarquía alto-medieval. --Xoán Carlos Fraga 11:49, 24 marzo 2010 (UTC)
- Atopei unha imaxe coas 7 provincias, é un mapa do ano 1784 Ficheiro:Mapa do Reino da Galiza (1773).jpg. --Alberte Si, dígame? 15:19, 19 marzo 2010 (UTC)
- Refixen un pouco a periodización da Idade Media (pero sen quitar información), penso que agora é máis clara. O modelo de Historia de Galicia (o cadro que aparece arriba á dereita) pode precisar dalgunha reforma tamén. --Xoán Carlos Fraga 14:53, 26 marzo 2010 (UTC)
- Deixo aquí esta mapa do vaso campaniforme, tirado da wiki pt, relacionado coa Iberia calcolítica, por se parecese útil no futuro. --Xoán Carlos Fraga 23:03, 28 marzo 2010 (UTC)
- Falta falar do século XIV, sobre todo da primeira metade, con algunhas referencias á vida, ao feudalismo, á peste, e aos conflitos coa coroa de Castela. --Xoán Carlos Fraga 23:50, 28 marzo 2010 (UTC)
- Na guerra polo trono de Castela a finais do s. XV deixei posto os Pardo de Cela como partidarios de Sabela, seguramente na base de que a muller de Pero Pardo era curmá de Sabela (e deixeino así tirado do artigo da Galipedia sobre Pedro Madruga), mais o historiador López Carreira decántase de que o mariscal era partidario do outro bando, o de Xoana, aínda que incluíndo un "quizais". Probabelmente non se sabe con seguridade, deixo aquí a nota por se houbese que reformar a afirmación (ou tamén poñer un quizais, se non é seguro, sexa do bando que sexa o Pero Pardo). --Xoán Carlos Fraga 20:53, 29 marzo 2010 (UTC)
- Nas wiki en portugués ([1]) e español ([2]) non se menciona a Pedro Madruga na guerra pola coroa de Castela nos anos 1475-1479 (en realidade a versión primeira foi a da wiki esp., senda a portuguesa unha tradución, o cal é unha lástima pois é a mesma versión e visión), e destácanse moitos outros caudillos. Só deixo aquí a nota para no futuro, se for preciso, engadir algo. O certo é que na wiki galega non existe tal artigo, o ideal sería crealo mais tendo en conta a historiografía galega tamén. --Xoán Carlos Fraga 13:34, 30 marzo 2010 (UTC)
Chámame a atención que na caixa de edición apareza unha nota que di que "algúns navegadores poden ter problemas editando páxinas de máis de 32kB", e ao mesmo tempo informa de que agora isto ten 108kB. Pregúntome se esta triplicación do tamaño non poderá provocar problemas aos usuarios que consulten este artigo. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 22:53, 12 de outubro de 2010 (UTC)
Coroa das Españas
editarHai unha sección chamada Os Borbóns. A creación da Coroa das Españas (1714). A Coroa das Españas non existe, o que existe é o Reino de España. As Españas, é unha denominación moito máis vella de 1714, que xa existía nos tempos dos Reis Católicos, como se pode ler na bula Si convenit de 1496, na que dí:
Porque cristianísimos e moi altos e moi excelentes e moi poderosos Príncipes, Rei e Raíña das Españas e das illas da mar, Os nosos Señores, este presente ano de 1492, logo de Vosas Altezas aver dado fin á guerra dos mouros ...
Se me apurades poderíase dicir que o termo é moito máis vello aínda, xa que o rei Afonso VI de León, nomearase Imperator totius Hispaniae que ven sendo Emperador de toda España.
En resumo, que é unha barbaridade o de Coroa das Españas. --AMPERIO (conversa) 5 de febreiro de 2015 ás 12:59 (UTC)
Ligazóns externas modificadas (febreiro 2019)
editarOla compañeiros editores,
Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Historia de Galicia. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:
- Engadiuse o arquivo https://web.archive.org/web/20091111043813/http://www.ull.es/publicaciones/latina/a/16rosa.htm á ligazón http://www.ull.es/publicaciones/latina/a/16rosa.htm
Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.
Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 22 de febreiro de 2019 ás 05:57 (UTC)