Conversa:Garri Kasparov

(Redirección desde «Conversa:Garry Kasparov»)

Untitled editar

Non debería ser Garri? Como o nome procede doutro alfabeto, se se adapta ó galego, como non existe o y, penso que debería ser Garri, aínda que non estou seguro, non vaia ser que o seu nome non sexa en cirílico e sexa así. AlberteSi, digame? 12:39, 21 outubro 2007 (UTC)

  • Sendo o seu nome en ruso (cirílico) Гарри Кимович Каспаров, efectivamente a transliteración debería ser Garri Kimovich Kasparov. Non me fixei se existe na gl.wikipedia unha política de respectar o costume ruso de por de quen é fillo (neste caso Kimovich=fillo de Kim). Se este fose o caso (se non for habería que analizar porque, pois non entendo porque non), o artigo deberia incluílo e ser polo tanto Garri Kimovich Kasparov.---- Maañón (boura, boura) 13:05, 21 outubro 2007 (UTC)
  • Agora xa flipo mais a Y non existe no galego polo que debe transliterarse a I e en cambio a K que tampouco existe no galego da igual. Qué regras se siguen? Lansbricae (Ti dirás) 13:07, 21 outubro 2007 (UTC)
    • Tes parte de razon, supoño que en parte é o costume/colonizacion importado do inglés; sendo puristas talvez houbera que transliterar como "Caspárof", pois o do "v" final é mais axeitado para un falante inglés pero non para un galego (de feito cando a moda era o frances poñíase con "-off" (daí a "Smirnoff", Eristoff, e non digo mais para non ser acusado de alcoholico). En canto ao do Y, xa o comentou Emilio mais embaixo---- Maañón (boura, boura) 13:46, 21 outubro 2007 (UTC)

Nom "Kaspárof", porque despois existe "Kaspárova", e nom "Kaspárofa". Portanto, Garri Kaspárov. --Ibérico 00:11, 13 febreiro 2008 (UTC)

Existe unha tendenza a adaptar a o i final ruso (sobre todo se ven de ий)en y en parte porque é como se fai en inglés e francés, pero en galego e no resto das linguas peninsulares non é aceite, asi que eu movia directamente. --emilio juanatey(talk) 13:08, 21 outubro 2007 (UTC)

Movino a Garri Kasparov. Acerto 17:54, 8 febreiro 2008 (UTC)

Pódese usar esas letras se están en nomes estranxeiros, pero non é o caso do Y que non está no orixinal ruso, o ka, por iso se conserva, como di nas NOMIG:

Ademais destas letras úsanse tamén outros signos, como j (iota), ç (cedilla), k (ka), w (uve dobre) ou y (y grego), que aparecen tanto en palabras tomadas doutros idiomas (Jefferson, Eça de Queirós, Kant, kantiano, Darwin, darwinismo, wagneriano, byroniano etc.) coma, nalgún..

este caso é unha transliteración e débese usar a combinación de letras que mellor se adapte ao son, pero téndese a conservar o k nos nomes rusos: Chaikovski, Xostakóvich, Prokofiev --emilio juanatey(talk) 13:15, 21 outubro 2007 (UTC)

O tema da transliteración é moi, moi fodido. É, ademais, recorrente, polo que volveremos repetidas veces sobre el e require coñecementos lingüísticos especializados. No entanto, este caso parece-me claro e eu son partidario de que sexa Garri. No do apelido eu seguiría a política de empregar o nome polo que é máis coñecido e non incluír o patronímico. No do f/v final que comentas, Maañón, aí estás mesclando transliteración con transcrición, que é un dos problemas neste tipo de cousas: As transliteracións non deben ter en conta para nada a pronúncia da palabra. Se o fixésesmos teríamos, por exemplo, que ter igualmente en conta que o |о| da última sílaba é átono, o que implicaría telo que "escribir" Caspáraf para ser máis fieis á pronúncia. En fin, un lío. --Xosé (✉) 15:31, 21 outubro 2007 (UTC)

    • Tes razón que isto é complexo pero tampouco e irresoluble, vou tratar de expoñelo e propor solucion: ao final os obxectivos basicos da transliteracion son aproximadamente:
  1. facer lexibles os grafemas doutro sistema de escrita
  2. establecer unha correspondencia o máis biunívoca posibel entre unha letra e outra letra ou digrafo (isto no caso de transliteracion entre alfabetos)
  3. esta correspondencia debe ser o mais "natural (achegada) posible á transcripcion, sempre que non rompa cos criterios anteriores

Para non complicar a cousa, e dar solucións ao problema concreto: neste caso trátase soamente da romanización (no senso de transliteracion) do cirílico ruso. Xa hai estandares como o ISO 9 (ollo, non propoño utilizalo), e outros cuasi-estandar de como en:ALA-LC romanization for Russian e en:BGN/PCGN romanization of Russian. O que é moi común é utilizar este último simplificandoo: 1) non se poñen os apostrofes para ъ e ь 2) ë ->yo 3) as terminacions que resultarian -iy e -yy -> -y. Isto coido que é o que se está utilizando mais a miudo, pero implicita e aproximadamente.

Solucions propostas para evitar que sexa unha discusion recorrente :

  • 1) para a transliteracion do ruso: utilizar a transliteracion BGN/PCGN (ver táboa en en:BGN/PCGN romanization of Russian), complementada coa simplificacion usual: 1) non se poñen os apostrofes para ъ e ь 2) ë ->yo 3) as terminacions que resultarian -iy e -yy -> -y 4) transliterar e->e en vez de e->ye.
  • 2) unha vez aprobado (isto ou o que sexa) poñelo nunha paxina de axuda
  • 3) propoñer (e aprobar finalmente) unha transliteracion para cada sistema de escrita, en base a estandares (reais ou de facto) referenciados.

Perdon por poñer tanto rollo, pero pareciame importante, deixei en negrita aquilo mais relevante---- Maañón (o que ho?) 17:06, 21 outubro 2007 (UTC)

--- Outro tema: Uso do patronimico: Pareceme importante que se discuta: considero o máis axeitado manter o patronímico, no sentido de que é mais respectuoso. Explícome: paréceme análogo ao caso do español (parecido no portugues), onde as persoas teñen apelido de pai e nai: non me parece axeitado cando un artigo estranxeiro omite o segundo apelido, ten un certo sentido irrespectuoso, pero ben é a miña opinion, tampouco teño mais argumentos que estes. ---- Maañón (o que ho?) 17:06, 21 outubro 2007 (UTC)

Kasparov ou Kaspárov editar

Kasparov ou Kaspárov, debese acentuar ao transcribir topónimos e antropónimos desde o alfabeto cirílico?Acerto 18:07, 8 febreiro 2008 (UTC)

Kaspárov. Nom sei porque voltaram a pôr "Kasparov". --Ibérico 00:11, 13 febreiro 2008 (UTC)

Volver á páxina "Garri Kasparov".