Conversa:Galeusca

Discussões ativas

Parte da conversa traída de GalEusCaEditar

UntitledEditar

A ver si alguen ( o meu parecer só pode ser un administrador, mais eu non o sei fager) pode engadir os historicos do artigo, porque foron automaticamente có novo artigo Galeusca, e en realidade corresponden a escritura diste artigo que agora esta orfo dos primeiros editores ElviraConversa con mi 23:54, 8 marzo 2008 (UTC)

  • Coido que hai un problema grave coa movemento do artigo, o caso é que GalEusCa tan só é a coalición electoral de 2004, Galeusca ou Galeuzca, sempre con minúsculas é o nome que recibiu a colaboración entre partidos ou asociacións nacionalistas galegos, cataláns e vascos desde 1923 que nunca recibiu o nome de GalEusCa. Tamén existe Galeuscat plataforma política formada polo BNG, CIU e PNV. --Arco de Rayne 15:59, 9 marzo 2008 (UTC)
  • O artigo redireccionaba a Galeusca que mesturaba as dúas cousas que ti sinalas e máis a asociación de escritores. Revisei os interwikis e por coherencia inicial o que fixen foi separar a asociación de escritores do congreso político no que algunhas wikipedias (xa sei que non son fonte primaria) incluen tamén a agrupación política que se presentou no ano 2004, como non ten contido ese apartado deixeino provisoriamente así e creei a páxina de homónimos. Pero si que penso que ao igual que a catalana ou a española deberían separarse ambos artigos aínda que sobre a agrupación que se presentou no 2004 non temos contido. Inicialmente deixeille ese nome porque nalguns interwikis figura así pero non teño problema ningún, o que quería era separar a asociación de escritores que non ten que ver cunha agrupación política. E en canto os historiais é cousa de administradores, os usuarios non podemos alteralos. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 16:12, 9 marzo 2008 (UTC)
  • En todo caso desde o meu punto de vista o artigo principal debería ser sobre a Galeusca histórica, a Galeusca das asociacións de escritores tomou o nome do acordo histórico e polo tanto deriva del e non considero lóxico que un nome derivado teña a páxina do nome orixinal, sobre todo tendo en conta que foi un acordo histórico, moi importante no seo do galeguismo e que aparece en todas as historias de Galicia.--Arco de Rayne 16:15, 9 marzo 2008 (UTC)
  • Sen problema, pero non se trata dunha páxina principal senon de facer un artigo Galeusca (asociación de escritores) e outro Galeusca (co nome que queiras para o congreso político), non é un problema de artigo principal ou secundario, é un problema de homónimos, cousas que se chaman igual pero que son distintas. Alma (fálame eiquí) 16:21, 9 marzo 2008 (UTC)

Parte da conversa en GaleuscaEditar

Proposta transitoria en espera de discusionEditar

Recuperie a edicion que leva os historicos e as ligazons interiwikis. Xa que non hai consenso polo momento sobre o numero de artigos e as grafias, isto permite de levar a cabo unha conversa. Paxinas da conversa :

  1. o artigo dista paxina
  2. Galeusca (homónimos)
  3. GalEusCa
  4. Galeusca (congreso)

ElviraConversa con mi 00:43, 11 marzo 2008 (UTC)

  • Por mi non hai problema, xa cho dixera. Pero en lugar de Galeusca (congreso) eu poría Galeusca (asociación de escritores) porque congreso tamén foi o político. :) Saúdos. Alma (fálame eiquí) 08:21, 11 marzo 2008 (UTC)

Os historicos diste artigo corresponden a redacción do artigo GalEusCa, que viñeron eiqi automaticamente. A ver si se pode arranxar ElviraConversa con mi 23:57, 8 marzo 2008 (UTC)

  • Non viñeron automaticamente. Movínos eu os que correspondían a GalEusCa aproveitando a redirección que xa estaba feita e desglosando o contido de dous artigos que estaban incorrectamente nun. Os históricos de todo o artigo están neste e aquí podes velos, non sei se se poden desglosar e levar os que corresponden a este para aquí e os outros para o outro, pero creo que nestes casos de segregación non adoita facerse pero non o sei. Consulta cun administrador. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 00:03, 9 marzo 2008 (UTC)
  • Si onte hubo mudanzas, eu non falo eiqui da oportunidade ou non dos titulos e dos contidos e non acuso ningha man de xogar cos historicos. Trato a coherencia dos historicos : o artigo Galeusca leva un historico de redaccion que vai co contido do artigo GalEusCa, tales como van hoxe. Agora ben, Alma si te sintes ofendida, tan pouco sexa da miña vixianza no mantemento niste artigo, pois farei como xa fixen noutros casos, retirome do mantemento diste artigo porque non me parece boo pa Galipedia que eu pense que te xustificas por sentirte acusada. Saudos ElviraConversa con mi 12:45, 9 marzo 2008 (UTC)
  • Non me sinto acusada por ti de nada Elvire, tan só trataba de explicarte que os históricos deste artigo comprenden tanto os do artigo GalEusCa coma os do artigo Galeusca, que eu o que fixen foi aproveitando a existencia do título correcto GalEusCa que redirixía a Galeusca, borrar a redirección e engadir alí o contido do artigo que correspondía a ese nome (agrupación política) e deixar en Galeusca os contidos incorporados por ti o 4 de febreiro que se refiren a asociación de escritores (podes comprobalo nos históricos) e crear unha páxina de homónimos. Como non sei como facer nin sequera si se fai o que ti dis, por iso te expliquei ou tratei (vexo que sen éxito) de explicarche o que fixera e de dicirte que non movera os históricos e que nin sequera sei se neste caso se poden dividir os que corresponden a cada artigo. Espero que agora me entendas, xa que non me xustifico porque non creo ter feito nada malo. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 15:06, 9 marzo 2008 (UTC)
    • Coido que hai un problema grave coa movemento do artigo, o caso é que GalEusCa tan só é a coalición electoral de 2004, Galeusca ou Galeuzca ademais do que aquí se indica é o nome que recibiu a colaboración entre partidos ou asociacións nacionalistas galegos, cataláns e vascos desde 1923 que nunca recibiu o nome de GalEusCa. Tamén existe Galeuscat plataforma política formada polo BNG, CIU e PNV. --Arco de Rayne 15:57, 9 marzo 2008 (UTC)
    • Ademais do problema que indica Arco de Rayne acertadamente, existe tamén o problema dos historiais xa que non se moveron xunto co seu contido, senón que se copiou e pegou o contido noutro artigo, manténdose o historial, pero corrspondendo a un artigo distinto. Ademais non estou certo de que a coalición para as europeas fora GalEusCa, habería que investigalo. AlberteSi, digame? 16:02, 9 marzo 2008 (UTC)
      • Pódese atopar o logo da coalición das europeas de 2004 nesta páxina [1] e información nesta, é o único GalEusCa que existiu. --Arco de Rayne 16:11, 9 marzo 2008 (UTC)
  • Expliquei o porqué na conversa de GalEusCa, concordo con Arco de Rayne en que GalEusCa é a asociación política que se presentou no ano 2004 pero nalgunhas wikipedias o artigo é conxunto e por iso o movín para ese artigo, o obxectivo era separar a asociación de escritores que non ten sentido mesturala cun congreso e cunha agrupación política que segundo se explica foi o resultado final de sucesivos congresos. Os historiais están mesturados neste artigo e un usuario non pode tocalos, é tarefa dun administrador e non existe un marcador de segregación ou desfusión de historiais, así que non sabía como marcalo. Saúdos. Alma (fálame eiquí) 16:17, 9 marzo 2008 (UTC)

ModificaciónEditar

Baseándome nunha fonte mudei algúns datos que entraban en discordancia co que eu escribín. Cópioo a continuación por se alguén pode referencialos:

"Pero en 1934, ao xurdir un conflito entre o goberno radical da República e o País Vasco, con motivo das eleccións municipais, unha delegación de parlamentarios cataláns presidida polo deputado de Esquerra Republicana de Catalunya Josep Tomàs i Piera foi a Guernica, onde foi ratificado o novo pacto." Alberte Si, dígame? 21:48, 3 decembro 2008 (UTC)
Volver á páxina "Galeusca".