Conversa:Funcionario, funcionaria

Último comentário: hai 1 ano de MAGHOI

Ola,

Temos un problema con este artigo, porque é incorrecto. Unha persoa funcionaria non é a que traballa para a administración pública, senón a que pasa unha serie de exames (no sistema español e outros sistemas semellantes) para traballar, nunhas determinadas condicións, para a administración pública. Todos os funcionarios son empregados públicos, pero non todos os empregados públicos son funcionarios. Non sei se deberiamos mover o artigo ou reescribilo... Algunha idea? --Xabier Cid Talk 2 me, please 16 de marzo de 2022 ás 19:30 (UTC)Responder

Ola,@Xabier Cid. Atrévome a opinar, sen ter moita idea do asunto. Efectivamente, eu coido que así está mal redactado. Noutras wiki fálase de "función pública" en lugar de funcionario e tamén se especifica algo máis noutros casos (it:wiki). Eu coido que ou ben se amplía, especificando algo máis as diversas condicións xurídicas ou se borra porque ademais é moi curto. Un saúdo.--MAGHOI (conversa) 16 de marzo de 2022 ás 19:47 (UTC)Responder
Opino o mesmo e inclínome cara o borrado. Hai máis problemas a maiores. En wikidata o que en inglés é civil servant (empregado público, non funcionario como ben explicaches) traduciuse en varias linguas veciñas como funcionario/a. Como pode saír nos cadriños de biografía, por favor, avisádeme co que se faga para cambiar a etiqueta correspondente en wikidata (mesmo se non chegamos a ter ningunha entrada na Gali porque se borra). Pola mesma razón e confeso que polo pouco atractivo que lle vexo (ou gañas) a facer un artigo digno sobre/titulado a función pública é polo que me decanto polo borrado. Ademais, as profesións de nome composto non veñen polo xeral no DRAG, polo que se vulnerarían os termos do consenso que se acadara sobre duplicación en títulos de profesións. Saúdos.-- Maria zaos (conversa) 18 de abril de 2022 ás 23:10 (UTC)Responder
@Xabier Cid @MAGHOI Maria zaos (conversa) 18 de abril de 2022 ás 23:10 (UTC)Responder
@MAGHOI@Xabier Cid @Atobar este artigo ten un marcador de borrado, pero non o atopo en votacións. Estou a buscar mal? Saudiños-- Maria zaos (conversa) 25 de abril de 2022 ás 19:53 (UTC)Responder
Ola, @Maria zaos. Está aquí. Saúdos. --MAGHOI (conversa) 26 de abril de 2022 ás 18:09 (UTC)Responder
Volver á páxina "Funcionario, funcionaria".