Conversa:Función cadrática

Último comentário: hai 11 días de Jglamela no tópico Cadrática?

Cadrática?

editar

Aínda que no dicionario da RAG non aparece, a forma culta cuadrática é a única que se recolle en textos como Vocabulario de matemáticas (USC), Profesionaliza a túa lingua matemática (UDC) e Termos esenciais de matemáticas para a economía e a empresa (USC). Jglamela (conversa) 8 de xullo de 2024 ás 11:14 (UTC)Responder

Boas @Jglamela , estoume guiando polo bUSCatermos https://aplicacions.usc.es/buscatermos/publica/index.htm que ten unha calidade moi alta e só recolle cadrática (ás veces dá opcións), tamén acho que está bastante actualizado, precismente o mes pasado falei cos que o levan na USC e reporteilles un erro que vin e modificaron de seguida. Agora pedinlles axuda para o modelo de estatística e dixeron que se podían falarían con alguén experto da universidade, estou esperando resposta, non sei se o darán conseguido.
Non sei que dicirche, eu teño as miñas preferencias, mais se está no bUSCatermos é o que uso. Non sei a quen máis podemos consultar en caso de dúbida. Desde logo o de bUSCatermos non parece un erro porque hai moitas expresións e todas usan "cadrática".
Eu estaba modificando en todos os sitios onde vía "cuadrático" por "cadrático" mais vou parar a partir de agora mentres non aclaremos este tema.
Un saúdo Andresv.63 (conversa) 8 de xullo de 2024 ás 12:48 (UTC)Responder
Boas outra vez @Jglamela podo escribirlles aos de normalización a ver se me dán unha explicación do porqué de usar o cultismo ou o actual. Se cadra saben en que momento mudou ou algún outro criterio. E se non o saben, porque non teñen por que saber todo, pois non sei ...
Andresv.63 (conversa) 8 de xullo de 2024 ás 13:03 (UTC)Responder
Boas, @Jglamela. Responderon da USC, o criterio mudou no momento que a RAG recoñeceu "bicadrática" (https://academia.gal/dicionario/-/termo/bicadr%C3%A1tico).
A min paréceme ben, nalgún momento as palabras pasan de cultismos a populares. De todos os xeitos non son quen para decidir, así que se ti opinas diferente pois modificamos o título e xa está. Espero a túa resposta.
Andresv.63 (conversa) 9 de xullo de 2024 ás 09:07 (UTC)Responder
Boas. Descoñecía que a RAG incluíra "bicadrática". Eu teño tamén o meu criterio, pero hai referencias para cadrática, polo que hai que tela en conta.
Parabéns pola túa procura e polo teu traballo nos artigos sobre matemáticas. Jglamela (conversa) 11 de xullo de 2024 ás 10:52 (UTC)Responder
@Jglamela deixamos "cadrática" logo?
Andresv.63 (conversa) 11 de xullo de 2024 ás 12:47 (UTC)Responder
Parece o lóxico. Jglamela (conversa) 11 de xullo de 2024 ás 15:21 (UTC)Responder
Volver á páxina "Función cadrática".