Conversa:Francisco Barreiro Permuy

Último comentário: hai 5 meses de MAGHOI no tópico Información adicional por parte dun familiar

Información adicional por parte dun familiar

editar

Boas tardes, escribo neste espazo para colaborar coa información acerca De Francisco Barreiros Permuy.

Seu pai, Antonio Barreiros Belmonte, era meu bisavó e descobrimos o Barreiros por unha partida de nacemento encontrada na casa de meu avó Antonio Barreiros Permuy.

A “s” do sobrenome quitouse por temas políticos, xa que o paseo De Francisco provocou un conflicto na familia.

Meu bisavó era nado de Nogueira de Ramuin, parroquia de San Miguel do Castro.(Ourense).

Antonio o pai, partiu de Ourense coa sua roda de afiar, era afilador e paragueiro, de ahí o alcume do Paragüero, e casa en Barallobre (Fene) con Josefa Permuy. Mais tarde instalase en Betanzos, e cambia a roda de afiar por unha cámara fotográfica e seu fillo Francisco, seguía os seus pasos como fotógrafo, hasta que foi paseado con 19 años de Idade por un chivatazo dun veciño, acusado de pertencer á CNT.


148.3.156.97 2 de xaneiro de 2024 ás 18:43 (UTC)Responder

Grazas ip, pola información. Porén, precisamos de fontes referenciadas para poder incluír esa información no artigo. Poida que outros usuarios atopen esas referencias. un saúdo. MAGHOI (conversa) 2 de xaneiro de 2024 ás 18:49 (UTC)Responder
Volver á páxina "Francisco Barreiro Permuy".