Conversa:Estrela dobre

Untitled editar

De que fala este artigo, de estrelas dobres ou de estrelas binarias? Xoacas(ti si que es lindo, ho) 01:44, 13 de marzo de 2011 (UTC)

Cando revisei este artigo hai 3 anos non controlaba tanto de astronomía coma hoxe en día, que non é que sexa unha marabilla pero dende logo controlo máis que hai 3 anos; unha estrela dobre, é unha parella visual e unha binaria é unha parella de estrelas con relación gravitatoria contrastada, normalmente ter un centro de masas compartido, case sempre son o mesmo pero non sempre, xa que as dobres non teñen por que estar ligadas fisicamente, e as binarias pode que non se poidan resolver cun telescopio óptico. Coma eu xa sabia a diferencia, pensei que coa anterior apartación quedaría claro, espero que agora, co novo texto quede máis claro; é normal que saian os dous conceptos por que están moi ligados entre si; se aínda non queda claro o concepto, avísame e doulle outra volta.--Xabier Cancela (fálame) 03:05, 13 de marzo de 2011 (UTC)

Ben, de feito, coa base deste artigo tamén fixen o artigo estrela binaria, por que Xoacas tiñas razón, mirando o historial antes de que viñesen máis aportacións ó artigo, este falaba de binarias pero o título referíase as dobres, a ver se máis adiante se poden mellorar estes artigos.--Xabier Cancela (fálame) 04:04, 13 de marzo de 2011 (UTC)

Volver á páxina "Estrela dobre".