Conversa:Esporocarpo

Último comentário: hai 7 anos de Elisardojm no tópico Tamén Esporóforo?

Tamén Esporóforo? editar

Nachonion, ti que sabes disto. o esporóforo é sinónimo de esporocarpo? É que atopei varias ligazóns en internet (esta e esta) que poñen que si... Saúdos, --Elisardojm (conversa) 11 de novembro de 2016 ás 12:38 (UTC)Responder

Elisardojm. Non o teño de todo claro porque son termos que se entremesturan, esporóforo significa que leva esporas, polo que funciona máis ben de adxectivo. Un esporocarpo sería o organo esporóforo dos fungos por exemplo. Nachonion (conversa) 18 de novembro de 2016 ás 13:20 (UTC).Responder
Eu dicíao por se podía eliminarse esporóforo de Modelo:Micoloxía... Ti que dis Sobreira? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de novembro de 2016 ás 14:43 (UTC)Responder
User:Elisardojm Falando de memoria, non son o mesmo. Ef sería a parte do Ec que sostén as esporas. Pode que nalgúns fungos Ec se reduza a só Ec, pero non en todos. Eu buscaría no Font Quer, pero seguro que el che di que non son o mesmo, para el sempre é todo distinto. O mesmo sería para ascocarpos e ascóforos e basidiocarpos e basidióforos. ※ Sobreira ►〓 parlez 18 de novembro de 2016 ás 17:57 (UTC) (Nótese que Af e Bf están baleiros e nada apunta a eles, creo que Ef tamén salvo o modelo)Responder
Acabo de atopar o Font Quer ese, na páxina 417 di: "m. En los hongos, y en otros talófitos, órgano portador de esporas. Equivale a esporocarpo (v.)." En esporocarpo di: "Tratándose de hongos, dícese, en general, de todo órgano esporóforo de forma definida. En el caso particular de los zigomicetes endogonáceos, aplícase a la reunión de zigósporas envueltas por una membrana común." Glups! Toma castaña!! A maiores, sobre o esporocarpo pon unha boa parrafada para falar del cando non se usa no campo dos fungos, co cal o artigo que temos está incompleto... Vos entendedes algo?, eu non sei por que me metín neste berenxenal... :) Saúdos, --Elisardojm (conversa) 18 de novembro de 2016 ás 20:15 (UTC)Responder
Elisardojm Tendo en conta que se usa fóra de fungos, eu deixaría a ligazon cun CF. en prevision de tirar por ai, e metería Af e Bf, pero eu son moi inclusionista. ※ Sobreira ►〓 parlez 20 de novembro de 2016 ás 11:56 (UTC)Responder
Síntoo, non me entero de moito, tanta profundidade escápase dos meu lixeiros coñecementos de botánica, a ver se outro pode amañar isto. Saúdos, Elisardojm (conversa) 7 de decembro de 2016 ás 17:17 (UTC)Responder
Volver á páxina "Esporocarpo".