Conversa:Don Quixote da Mancha

Engadir conversa
Discussões ativas

UntitledEditar

O título fai referencia á primeira parte do Quixote. A segunda denominouse o El ingenioso caballero Don Quixote de la Mancha. Como este artigo fai referencia ás dúas partes debera ser Don Quixote de la Mancha (na ortografía castelá na que foi publicado), Don Quixote da Mancha (en galego) ou mesmo Don Quixote --Rocastelo 20:31, 20 agosto 2005 (UTC)

  • Inclínome pola segunda opción Don Quixote da Mancha dese xeito quedaría dispoñible Don Quixote no caso de que se queira un artigo específico sobre o personaxe. Os títulos El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha e El ingenioso caballero Don Quixote de la Mancha poden quedar como redireccións. En canto a Don Quixote de la Mancha neste caso non parece necesario facelo así. Saúdos. --Prevert(talk) 20:48, 20 agosto 2005 (UTC)
  • Ben, podemos ser máis precisos retitulando este artigo como Don Quixote da Mancha, e crear entradas específicas para El ingenioso hidalgo Don Quijote de la Mancha e El ingenioso caballero Don Quixote de la Mancha. Cada unha das partes ten a súa historieta propia, mais non estou versado en Cervantes o suficiente para facelo. Así, nesta entrada teriamos un enlace para cada unha das distintas dúas partes das que se compón a obra.--Karlggest 09:14, 30 setembro 2005 (UTC)
  • Non entendo por que se pon o título en galego. En todo caso penso que habería que poñer como se fai coas rexións: O nome galego e o orixinal. Aínda así, penso que o mellor sería redireccionar dende o nome en galego, pero facer o artigo co título na lingua e escritura orixinais. É dicir, titulato Don Quixote de la Mancha e logo no artigo, entre parénteses, por a traducción, (Don Quixote da Mancha).
  • Teño que dicir que cheguei ata aquí en busca dun exemplo dun libro (supuxen que este tería artigo) que tivese tradución ao galego porque vou facer o artigo de A Theory of Justice (que se traduciría por Unha Teoría de Xustiza ou A Teoría de Xustiza), un libro de John Rawls que está explicado moi ben no artigo do filósofo, e non sei cal é a norma para isto. Se hai norma sobre nome de libros, por fasvor, deixádeme un mensaxe na miña páxina de conversa. Eu vou buscar máis exemplos. Grazas. --Gallaecio 15:05, 22 novembro 2007 (UTC)
  • Movo o artigo a "O enxeñoso fidalgo..." porque na tradución en galego aparece como título orixinal, e o divide en dúas partes, (se ben no lombo e na portada, para acurtar, aparece "Don Quixote I" e "Don Quixote II", pero en ningún momento "Don Quixote da Mancha". --Saúde, e pola sombra!! Estevoaeipa o que queiras... 19:27, 4 marzo 2008 (UTC)
No ano 2005 publicouse unha nova versión da tradución feita por Valentín Arias e outros e que se titula Don Quixote da Mancha, parece que se corrixiu o erro da primeira versión, como se comenta máis arriba, na que se titula toda a obra co título da primeira parte--HacheDous=0 (conversa) 11 de agosto de 2016 ás 08:32 (UTC)
Pois todo debeu ser un erro de interpretación, pedínlle esta tarde a versión editada por La Voz de Galicia en 1992 a un amigo, en dous tomos e tal é que son dous tomos Quixote I e Quixote II figuran na tapa pero dentro o título aparece como Don Quixote da Mancha na anteportada, e aínda máis na portada do primeiro tomo aparece O enxeñoso fidalgo ... e na portada do segundo O enxeñoso cabaleiro ...--HacheDous=0 (conversa) 11 de agosto de 2016 ás 17:43 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (abril 2019)Editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Don Quixote da Mancha. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 21 de abril de 2019 ás 02:02 (UTC)

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2020)Editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 3 ligazóns externas en Don Quixote da Mancha. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 14 de febreiro de 2020 ás 20:22 (UTC)

Volver á páxina "Don Quixote da Mancha".