Conversa:Coruxo Fútbol Club

Último comentário: hai 5 anos de InternetArchiveBot no tópico Ligazóns externas modificadas (setembro 2018)

Fundación editar

O Coruxo F.C. foi fundado en 1946.--88.22.109.102 26 de xaneiro de 2014 ás 20:21 (UTC)Responder

A web do Coruxo data a fundación en 1930, como se inclúe no artigo. Cales son as referencias que din que foi en 1946? --Toliño Fala aquí comigo 26 de xaneiro de 2014 ás 20:40 (UTC)Responder

A web pode dicir o que lle pete. Unha web non é un foro de historia. As referencias están nos historiadores, nas hemerotecas, nos documentos oficiais, nos anuarios da RFEF... Non poden estar en artículos chapuceiros, en webs indocumentadas ou en foros nos que se terxiversa constantemente a historia do fútbol. O actual Coruxo F.C. naceu en 1946. Falamos dunha sociedade que nace nese momento. Pero en moitos sitios se incorre constantemente na manía de chupar o historial de clubs anteriores por decreto. Unha cousa é a historia dun club e outra a historia do fútbol na localidade de turno. En Coruxo existiu un club chamado Corujo F.C., nacido en 1930 pola fusión de Corujo S.D. (que nacera en 1926) e Mirambel F.C. Pero ese club, que nunca estivo federado, desapareceu en 1936. Fin da historia. A mediados dos anos corenta un grupo de xente decidiu fundar un novo club representativo da localidade. Iso aconteceu en 1946. Hai moreas de casos semellantes. O Alondras C.F. non naceu en 1928, senón en 1951. Pretenderon chupar a historia (curtisima) dunha S.D. Alondras F.C. que existiu en Cangas entre 1928 e 1932. Pero o club alondrista actual naceu en 1951. Porque aquí falamos de SOCIEDADES que nacen e desaparecen, non da práctica do fútbol no correr do tempo nunha localidade. Porque, por esa regra de tres, poderiamos dicir que o Celta naceu en 1883, o Racing de Ferrol en 1892 ou o Deportivo en 1894 porque foi neses anos cando se empezou a xogar ao fútbol nas citadas cidades. Sería un disparate e falsear a historia, porque todos sabemos que o Celta naceu en 1923, o Racing de Ferrol en 1919 e o Deportivo en 1906 (como equipo) e 1907 (como club). Outro caso de chupar historiais anteriores atopámolo, en Galicia, na localidade de Noia. O actual C.F. Noia naceu en 1987. Pero eles din "no seu web" que son de 1928. Puro disparate e nulo coñecemento da historia (pese a contar alí cun investigador, Ricardo Güeto). Nulo coñecemento porque nin tan sequera din ser de 1926, verdadeiro ano de fundación do primeiro club importante en Noia, senón que din 1928 sen xeito, nin coherencia. Os historiadores de fútbol estamos para investigar, corrixir e protexer a historia. En Noia tiveron unha U.D. Noya (1928-32), un Noya C.F. (1942-66) e un Noya S.D. (1970-86). Como ves, nin tan sequera hai continuidade temporal, porque mesmo houbo baleiros sen clubs de fútbol naquela vila. Podería citar dúcias de casos máis, tanto galegos como de fóra. Pero o asunto é ese. Os clubs nacen cando se constitúen. Non cando o sentimento, que é subxectivo, ou unha memoria terxiversada, digan. Así que o web pode dicir o que lle pete. A historia di que o Coruxo F.C. é de 1946. E iso é o que nos vale aos que amamos a historia do fútbol.--Antywyky (conversa) 19 de agosto de 2017 ás 13:35 (UTC)Responder

@Antywyky: Wikipedia non é un foro de discusión. As páxinas de conversa dos artigos están destinadas ao diálogo sobre a edición do seu contido. Por favor, abstente de escribir reflexións persoais e apoia a túa información engadindo referencias. Un saúdo. --Chairego apc (conversa) 19 de agosto de 2017 ás 14:14 (UTC)Responder

Oes, perdoa. Estou escribindo na sección chamada CONVERSA. E estou falando dos contidos da edición do artículo, non do clima en Alaska. Todo o que indiquei é rigorosamente certo, pero non se pode referenciar tan doadamente, porque moitas das fontes non se atopan en internet. Hai libros, hai anuarios da RFEF, hai hemerotecas que corroboran todo o que puxen. Para que o ía inventar? Eu non entro nesta "enciclopedia" para perder o tempo nin facer "reflexións persoais". Sei do que falo. En todo caso, a sección de Conversa está para iso. Para conversar sobre o que está editado no artículo principal. Un último consello. Desconfía das webs oficiais como fontes de información histórica dos clubs de fútbol. Sei que tirades delas porque la Rede case non hai outra cousa da que botar man. Pero hai máis mundo alén internet. Case nunca aportan datos correctos as webs dos clubs. Se esa é a fonte principal da que vos valedes nesta altamente cuestionábel "enciclopedia" mal vamos, porque as referencias históricas da meirande parte das webs oficiais dos clubs de fútbol son puras "reflexións persoais" e colectivas, baseadas no díxome-díxome, en lagoas mentais, en esforzos memorísticos, en simples suposicións e mesmo en mentiras perpetuadas no tempo. Polo tanto eu aquí fago uso do meu dereito a conversar e expoñer datos. Moitas veces a xente aprende e obtén máis información veraz do que se conversa nesta sección que do que estea posto no artículo principal. Agora, se non se pode, pois nada, no voltarei a opinar e listo.--Antywyky (conversa) 27 de xaneiro de 2018 ás 17:11 (UTC)Responder

Ligazóns externas modificadas (setembro 2018) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Coruxo Fútbol Club. Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre cómo correxir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 3 de setembro de 2018 ás 23:21 (UTC)Responder

Volver á páxina "Coruxo Fútbol Club".