Conversa:Comunas de Italia

Último comentário: hai 7 anos de Jglamela no tópico Untitled

Untitled editar

A palabra comuna en galego significa "forma de organización baseada na propiedade colectiva" ou "grupo de individuos á marxe da sociedade". Neste artigo non se fala de ningunha delas, senón que se fixo unha adaptación da palabra italiana comune (en plural comuni), que como di o artigo mesmo é masculina.

Penso que o lóxico é empregar a palabra concello e chamar o artigo "concellos de Italia" (que xa é o nome dunha categoría) de xeito análogo a como o fan algunhas linguas que teñen un vocábulo semellante a "comuna":

  • Italiano: Comuni (Italia) - Comuni della Francia - Comuni della Spagna
  • Francés: Commune (Italie) - Commune (France) - Commune (Espagne)
  • Sueco: Italiens kommuner - Frankrikes kommuner - Spaniens kommuner

Outro argumento é ver a división de Suíza. Os concellos suízos ([1]) chámanse "Gemeinden" en alemán, "commune" en francés, "comune" en italiano e "vischnancas" en romanche.--Jglamela (conversa) 6 de setembro de 2016 ás 11:58 (UTC)Responder

Volver á páxina "Comunas de Italia".