Conversa:Casa do Carballo de Galdo

Untitled editar

Desculpa, Barrimei... Non pretendía ameazar nada. Agora non teño moito vagar, e prefería que outros wikipedistas con máis experiencia interviñesen e opinasen. Creo que xa lle quitaches boa parte dos contidos non enciclopédicos, pero frases como esa de que a Mariña ten que mirar ao futuro non son demasiado aqueladas nun artigo sobre a Casa.--Xabier Cid 11:00, 9 agosto 2006 (UTC)

grazas xavier intentarei correxir todas esas cousas a medida de que escriba mais artigos, imaxionome que a obxectividade a ser a maxima posibel, se ves algunha outra cousa na que me exceda pregoche que antes de tachala paxina pa borrala te poñas en contacto e me digas que cousas son as que deberia quitar, grazas por todo.--Barrimei 11:04, 9 agosto 2006 (UTC)

Contidos que non proceden neste artigo editar

Ademais de reformular o artigo, elimino o seguinte:

Alí, as suas fillas, Constanza e Beatriz xugaron e medraron e O Mariscal á sombra do carballo soñou cun Viveiro de seu. Aínda o seu escudo de armas segue alí como recordo daqueles anos turbulentos en que os Reis Católicos, representados por Acuña, Chinchilla e Mudarra enmudeceron á nobreza galega e pararon o reloxio da súa historia e o de Galiza. O día 17 de decembro deste mes fai cincocentos vinteún anos de todo esto. Hoxe O Mariscal xa é un mito, esto é, nin rouba, nin mata, nin atropela, soio, nalgún caso, asalta os corazóns da xente.

Motivos

  • Non caben neste artigo eses contidos sobre o que sucedeu nesa época. Eses contidos teñen que estar noutro artigo. Non pode ser que en tódolos artigos que falen de Pardo de Cela digan o mesmo. --Lmbuga Commons - Galipedia 13:37, 9 agosto 2006 (UTC)

A sublimación de Pedro Pardo de Cela ten lugar a raíz da súa morte violenta a mans dos enviados dos Reis Católicos (1483); e primeiramente corre a cargo dos seus deudos e vasalos fideis, e xa contemporaneamente é a historiografía galeguista quen simboliza en Pardo de Cela unha inexistente Galicia tardomedieval independentista dirixida pola súa nobreza.

Nese artigo, máis adiante, fai este historiador unha reflexión que, a min cando menos, me fai pensar na validez dos artigos referidos a Pardo de Cela na Galipedia--Lmbuga Commons - Galipedia 14:06, 9 agosto 2006 (UTC)

Volver á páxina "Casa do Carballo de Galdo".