Conversa:Campos Elíseos

Untitled editar

En vez de eliminala non sería mellor deixar tanto esta páxina como as outras que teñan "elíseo" como redireccións? Dígoo porque non creo que moita xente saiba isto de "elisio", e quizais sería útil que todo o mundo fose redirixido á páxina correcta aínda que teclease o castelanismo na caixa de busca. Sería algo similar ao que fan algúns dicionarios con entradas incorrectas, que remiten ás correctas. En calquera caso, é un falar, porque non sei se a Wikipedia xa ten algunha norma a respecto disto.--vilachan 14:58, 11 de xaneiro de 2011 (UTC)

Non sei se é unha política oficial, pero o que se fai aquí é non redirixir sobre nomes incorrectos. Ó facer unha busca sobre o castelanismo, o buscador de Wikipedia daría unha listaxe de resultados, nos que o artigo correcto estaría entre os primeiros, de modo que opara o lector isto non supón un problema. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 15:03, 11 de xaneiro de 2011 (UTC)

Claro, entendo. Grazas, Xoacas.--vilachan 15:12, 11 de xaneiro de 2011 (UTC)

Volver á páxina "Campos Elíseos".