Conversa:Batalla de Covadonga

Último comentário: hai 2 anos de HacheDous=0 no tópico Episodio mítico

Untitled editar

Retirei un marcador de atención ca mensaxe Este artigo baséase na historiografía tradicional española por dous motivos principalmente: 1, o artigo está perfectamente referenciado, e 2, non hai consenso sobre si axustarse á historiografía tradicional española debe ser considerado un defecto do artigo ou non. Incluír un marcador de atención con esta mensaxe podería dar pé a incluír outros con mensaxes análogas advertindo de que certos artigos sobre historia de Galicia, por exemplo, están baseados na historiografía nacionalista galega. Ademais, todo artigo é mellorable a base de amplialo, corrixilo ou incorporarlle contidos novos. Antes de entrar en guerras de edicións deberiamos discutir este tema e non deixalo á iniciativa de cada editor. Xoacas(ti si que es lindo, ho) 13:17, 28 de xaneiro de 2011 (UTC)

Eliminei o da copia do santuario de Delfos, a fonte non é relevante, unha crónica dun licenciado en belas artes onde fala de sospeitosos parecidos Non afirma nin moito menos que estea tirado de alí, tan só insinúa pero nin sequera é unha fonte de relevancia para incluíla na galipedia.--HacheDous=0 (conversa) 27 de xullo de 2021 ás 14:01 (UTC)Responder

Episodio mítico editar

Non podemos referenciar que sexa un episodio mítico cunha obra de 1921 (data do orixinal francés). Sexa un episodio histórico ou non, ou se hai debate, as referencias haberían ser de obras historiográficas actuais--HacheDous=0 (conversa) 27 de xullo de 2021 ás 14:11 (UTC)Responder

Volver á páxina "Batalla de Covadonga".