Conversa:Basílica de San Xoán de Latrán

Untitled editar

É bastante probable que a forma galega correcta sexa Latrán pero non se pode facer un cambio como este sen dar unha referencia, non se pode dicir é o nome galego porque o digo eu, sobre todo por que en google non hai nada se procuras "San Xoán de Latrán" e si aparecen referencias en ˝San Xoán de Letrán".--André 23:27, 26 agosto 2007 (UTC)

Perfeitamente, miñas sinceras desculpas. No momento non podo presentar fontes, portanto é mellor desfacer meu movemento. "Letrán" para min é un sinxelo castellanismo, vexamos: portugués: Latrão, francés Latran, italiano Laterano. Se admitimos que o galego formouse directamente do latín e non derivado do castelán, paréceme claro que a versión galega, en calquera norma ortográfica, é "Latrán". Dantadd 16:08, 30 agosto 2007 (UTC)

Concordo cos dous, do latin Laterano (nome dos antigos donos da zona) a forma portuguesa é perfectamente regular (Laterano->Lat'rão->Latrán ou Latrao en galego oriental), é a española a que é anómala. Porén coa política de non ser fonte primaria... eu propoño mollarse e por Latrán, que é o lóxico o outro é un castelanismo moi evidente. --Emilio juanatey 17:13, 30 agosto 2007 (UTC)

Volver á páxina "Basílica de San Xoán de Latrán".