Conversa:Asociación Cultural Xermolos

Último comentário: hai 8 anos de Elisardojm no tópico Sección eliminada do artigo

Sección eliminada do artigo

editar

Quitei do artigo a sección Asociacionismo na Galiza, poño aquí o seu contido por se alguén quere achegar esta información a un artigo xeral sobre o tema. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 17 de marzo de 2016 ás 13:23 (UTC)Responder
== Asociacionismo na Galiza == En tempos da ditadura a actividade dos galeguistas era moi limitada; soamente os exiliados realizaban unha tímida producción que facían chegar á península e eran a esperanza do [[nacionalismo galego]]. A creación de asociacións foi unha das moitas manifestacións de oposición ao réxime opresor. O obxectivo destas era traballar pola defensa e difusión da [[Cultura de Galicia|cultura galega]] en todas as formas e manifestacións para conseguir a normalización cultural de Galicia e o seu idioma. A creación de Galaxia en 1950 é a primeira evidencia da recuperación do [[Galeguismo (política)|galegusimo]]. Coa chegada da nova década, consíguese unha concienciación da poboación e progresivamente van aparecendo novas asociacións en diferentes puntos da península. Realízanse cursos de lingua galega e literatura, conferencias e lógrase unha notable incidencia nos medios de comunicación, publicacións de libros, etc. Na década de 1960 ten lugar un florecemento de [[asociacións culturais]] por toda [[Galicia|Galiza]]. Unha das primeiras en aparecer foi [[O Galo]], nada en 1961 en [[Santiago de Compostela|Santiago]]. En todas estas novas asociacións dáse un nexo de unión entre os residentes das vellas xeracións do [[Galeguismo (política)|galeguismo]] e as novas mocidades xurdidas arredor dos centros de ensino e das inquedanzas culturais. Logo da morte do ditador, o panorama en canto ás liberdades cambia e con el desaparecen moitas das asociacións, aínda que non empede que se sigan creando novas asociacións mais en menor medida. A partir da década dos oitenta o [[asociacionismo cultural]] entra nun proceso de reorganización e coordinación a través da [[Federación de Asociacións Culturais de Galiza|Federación de Asociacións Culturais de Galiza]].

Volver á páxina "Asociación Cultural Xermolos".