Conversa:Aras sestianas

Untitled editar

Polo que eu sei Ptolomeo non foi un historiador romano senón exipcio, de Alexandría, polo que propoño cambiar un pouco a frase final. Lansbricae (Ti dirás) 12:37, 3 setembro 2007 (UTC)

Sacrificios humanos? De onde sai iso? --Emilio juanatey 14:26, 3 setembro 2007 (UTC)

  • Tampouco Estrabón era romano que digamos, neste caso creo que habería que comprobar a exactitude de todo o texto.--Miñato 16:30, 3 setembro 2007 (UTC)

orixe do artigo editar

O texto está collido da web oficial do concello de Laxe, na que se describen os penedos de Traba (http://www.concellodelaxe.com/ga/web/index.php?mod=int&tip=11&lug=40). Di o seguinte:

: Moi probablemente e debido as súas características poderíase afirmar que se trataría dunha das tres históricas “Aras Sextianas” mencionadas polos primeiros testimonios históricos escritos sobre o Noroeste Hispánico feitos por diferentes historiadores romanos como Estrabón, Mela, Ptolomeo ou Plinio.

As “Aras Sextianas” foron mandadas construir polo xeneral romano Sextius cara o ano 19 antes de Cristo como monumento adicado ó emperador Augusto. Nelas conmemorábanse as victorias das lexións romanas nas últimas campañas das guerras galaico-cantabra-astures con cruentas liturxias paganas de sacrificio de animais e humanos.

Do fondo da cuestión (fiabilidade ou non do que se di no artigo) non podo dicir nada. Non teño nin idea.

Pedro --Lameiro 16:50, 3 setembro 2007 (UTC)

Volver á páxina "Aras sestianas".