Conversa:Angela Davis

Último comentário: hai 6 anos de Elisardojm no tópico Ligazón externa

Untitled editar

Na tradución, non entendo este texto: “Irmáns Soledad soltos até o mediodía e media en troco da vida dos reféns” Unhanova (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 09:36 (UTC)Responder

Unhanova, boteille unha ollada ó apartado "Celebridade e liberdade" e penso que hai que repasalo moito e con coidado, ten moitas expresións raras e outras que non se entenden. E supoño que tamén habería que revisar o resto do artigo, por se ten problemas semellantes. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 10:03 (UTC)Responder

Elisardojm, houbo algún texto que pensei en cambiar como "enderezar" porque eu non o uso, mais logo vin que si está no DRAG http://academia.gal/dicionario/-/termo/enderezar Unhanova (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 10:52 (UTC) Elisardojm, pasoume o mesmo con http://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/discursar Unhanova (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 10:54 (UTC) Elisardojm, e con http://academia.gal/dicionario/-/termo/entusi%C3%A1stica Unhanova (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 10:56 (UTC) Só non atopei "misivistas" Unhanova (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 10:56 (UTC)Responder

Unhanova nunca vira esas palabras nin pensaba que existiran en galego..., hoxe xa aprendín para tres días :) Mirarei en casa o de misivistas a ver se a atopo. Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 11:39 (UTC)Responder
Unhanova, mirei no Gran Dicionario Xerais e no de Usos e Dificultade de Galaxia e non teñen o termo "misivista", así que supoño que haberá que cambiala. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 14:51 (UTC)Responder
Unhanova, o texto "permitíronlles aos nativos se identificaren", non debería ser "permitíronlles aos nativos identificárense"? Saúdos, --Elisardojm (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 20:03 (UTC)Responder

Elisardojm, penso que ambas, mais, como non teño a certeza, hei de consultar unha gramática. Unhanova (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 20:27 (UTC)Responder

Elisardojm, segundo temos nos artigos na Galipedia, non podería ser nin protagonista nin personaxe, tería que ser persoeira. Mais non me cadra. Unhanova (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 20:55 (UTC)Responder

Está amañado o de "Irmáns Soledad soltos até o mediodía e media en troco da vida dos reféns", era ás 12:30. Desfixen o de protagonista. Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 21:12 (UTC)Responder

Grazas, Elisardojm, tamén dubidei con "en nome de" porque si está en PT, en ES é "a nombre de" e en GL non figura "a nome de" http://academia.gal/dicionario/-/termo/busca/nome Unhanova (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 21:14 (UTC)Responder

Home..., "a nome de" púxeno porque penso que son cousas diferentes, non o consultei en ningures... Saúdos, Elisardojm (conversa) 22 de setembro de 2017 ás 21:30 (UTC)Responder

Ligazón externa editar

  Feito! Unhanova, había que numerar os parámetros do modelo URL porque a dirección ten un igual. Saúdos, Elisardojm (conversa) 24 de setembro de 2017 ás 19:57 (UTC)Responder
Volver á páxina "Angela Davis".