Conversa:Amiloplasto

Último comentário: hai 8 anos de Miguelferig no tópico Estatólito

Estatólito editar

Non vexo adecuada a referencia de estatólitoamiloplasto. --XoioÉche o que hai 15 de marzo de 2016 ás 16:01 (UTC)Responder

Xoio, non sei se te refires exactamente ás referencias ou ás redireccións. Está incluído aquí estatólito porque é un tipo de amiloplasto moi denso. Tamén se podería pasar a maior parte desa sección á páxina estatocito, pero creo que non está de máis aquí. Pero se ao que te refires é á redirección, entón penso que probablemente tes razón, porque os animais tamén teñen estatólitos que lles axudan na percepción da gravidade. Nese caso o que se pode facer é reservar estatólito para unha páxina de homónimos, onde se incluirían mencións aos estatólitos de animais e de plantas e chamaríamolos estatólito (zooloxía) e estatólito (plantas) ou algo similar. Cambiar a redirección e converter estatólito nunha páxina de homónimos é doado de facer; podo facelo eu en canto teña tempo (agora na Semana Santa ou talvez antes) ou pode facelo calquera. Pero aclárame, por favor, a que te referías exactamente.--Miguelferig (conversa) 16 de marzo de 2016 ás 11:37 (UTC)Responder

Pensándoo con máis calma, creo que, definitivamente, é mellor facer a páxina de homónimos de estatólito. Os estatólitos animais son agora "estatólito (zooloxía)". Espero que fose iso o que me querías dicir. Polo momento a páxina estatólito (zooloxía) está redirixida a estatocisto, polo que non sería estritamente necesario darlle un nome á páxina redirixida (distinto ao de estatocisto), pero fíxeno por se se quere facer unha páxina propia sobre eles máis adiante e así non habería maior problema. Igualmente, estatólito (plantas) está redirixido a amiloplasto.  Feito!--Miguelferig (conversa) 16 de marzo de 2016 ás 20:16 (UTC)Responder

Volver á páxina "Amiloplasto".