Conversa:Alxube

Último comentário: hai 11 anos de Sernostri no tópico Untitled

Untitled editar

Modifiquei o de alxube ou calabozo por non ser coherente co dicionario da R.A. aínda que tampouco que é alí se explique moi ben, o dicionario non o dá como sinónimo pero na primeira acepción o significado é case igual

  • calabozo:Cela escura e xeralmente subterránea. Pasou moitos anos no calabozo do castelo. cf. alxube.
  • alxube:Lugar subterráneo onde encerran os presos. Nos alxubes do castelo a escuridade era total. cf. calabozo

O dicionario non o dá como sinónimo pero eu polas definicións case diría que é o mesmo, se un alxube é un lugar subterráneo logo é escuro.--Sernostri (conversa) 19 de marzo de 2013 ás 21:10 (UTC)Responder

Creo que xa entendín a definición que dá o dicionario, o alxube era o espazo onde se pechaban os prisioneiros, que normalmente consistía nunha soa cela e neste caso calabozo e alxube son en realidade sinónimos (xa que caso que a cela fose escura e subterránea entón é igual a un alxube dunha soa cela) pero se o alxube consistía en varias celas, serían estes os calabozos pero o espazo que abranguía ese conxunto de celas é o que se denomina alxube, e nese caso non hai sinonimia.--Sernostri (conversa) 19 de marzo de 2013 ás 21:31 (UTC)Responder

Supoño que o termo calabozo é máis amplo, pois inclúe o lugar que aínda existen hoxe nas comisarías e non necesariamente son alxubes (celas subterráneas); con todo non sei se deberían ou non ser artigos diferentes.Nachonion (conversa) 19 de marzo de 2013 ás 21:34 (UTC)Responder

Si tes razón, en calabozo só incluín a primeira definición por ser a que tiña que ver co artigo, pero polo que vexo nos castelos e pazos pequenos alxube e calabozo sería o mesmo (xa que terían só un cuarto) pero nos máis grandes xa non, os calabozos serían os diferentes cuartos pero todo o conxunto só sería o alxube.--Sernostri (conversa) 19 de marzo de 2013 ás 21:39 (UTC)Responder
Volver á páxina "Alxube".