Conversa:Almanaque de Galicia (1858)

Último comentário: hai 2 meses de 159.147.224.180 no tópico Almanaque de 1865 ou de 1864?

Ligazóns externas modificadas (febreiro 2020) editar

Ola compañeiros editores,

Acabo de modificar 1 ligazóns externas en Almanaque de Galicia (1858). Por favor tomádevos un momento para revisar a miña edición. Se tedes calquera pregunta, ou precisades que o bot ignore ben estas ligazóns ou ben a páxina por completo, por favor visitade este FAQ para máis información. Fixen os seguintes cambios:

Por favor revisade o FAQ para máis información sobre como corrixir erros do bot.

Saúdos.—InternetArchiveBot (Informar de erros) 7 de febreiro de 2020 ás 20:40 (UTC)Responder

Artigos de Rosalía de Castro editar

Creo que non é correcto dicir que os tres artigos de Rosalía de Castro son costumistas. Na miña opinión esa clasificación só se podería aplicar ao conto "El Cadiceño" pois, se consideramos que os escritos costumistas describen tipos e costumes, aquí poderíase considerar que, a través do diálogo dos dous personaxes estase retratando un tipo de personaxe, aínda que certamente non común: o descastado, que renega das súas orixes e presume de non lembrar nin sequera a língua do seu país. O artigo "Las literatas" creo que ten moi pouco de costumista, a non ser que se considere costume da época a protesta das mulleres polo menosprezo da súa capacidade como escritoras. O diálogo poético entre a nena e o anxo tampouco describe costumes nin tipos, senón que máis ben é un debate sobre a actitude vital ante nas dificultades e decepcións, sendo que a nena quere mostrar o seu enfado e frustración alimentando rencores, mentres o anxo argumenta que non debe deixar que as dificultades da vida a convirtan nunha amargada 159.147.224.180 14 de febreiro de 2024 ás 02:08 (UTC)Responder

Almanaque de 1865 ou de 1864? editar

Non confundir a data de publicación co ano para o que se publica o almanaque. O almanaque para 1865 publícase a finais de 1864 e a finais de 1865 publícase o almanaque para 1866. Neste último é onde aparecen as tres colaboracións de Rosalía de Castro, pero non é onde estaba previsto publicar "El codio". O escándalo que provocou a retirada deste artigo produciuse en 1864 porque se comenta nun artigo do 2/12/1864 no xornal El Contamporáneo, por tanto trátase dunha reacción ao anuncio do Almanaque para 1885 que debería publicarse en decembro do 1864. A pesar dese conflicto e esa censura, Soto Freire segue contando coa colaboración de Rosalía e inclúe 3 colaboracións súas no ano seguinte. 159.147.224.180 14 de febreiro de 2024 ás 04:46 (UTC)Responder

Volver á páxina "Almanaque de Galicia (1858)".