Convento de Santa Bárbara de Delft

mosteiro dos Países Baixos

O Convento de Santa Bárbara (en neerlandés: Sint-Barbaraklooster) é un antigo convento dos Países Baixos, sito ao pé da canle Oude Delft, na cidade surholandesa de Delft. O edificio pasou a ter un uso civil e na actualidade utilízao como sede social a Asociación de Estudantes Católicos Sanctus Virgilius -Virgiel- (Katholieke Studenten Vereniging Sanctus Virgilius -Virgiel-). O edificio foi declarado en 1967 monumento nacional dos Países Baixos (rijksmonument).[1][2]

Convento de Santa Bárbara
(Sint-Barbaraklooster)
O edificio visto desde a outra banda da canle Oude Delft, na zona vella de Delft
Edificio
TipoEdificio histórico
EstiloArquitectura gótica
Localización Delft
Holanda Meridional
Países Baixos Países Baixos
Coordenadas52°00′27″N 4°21′30″L / 52.0075, 4.35833Coordenadas: 52°00′27″N 4°21′30″L / 52.0075, 4.35833
Uso(s)Antigos:
Convento franciscano.
Almacén de artillaría.
Orfanato.
Actual:
Centro xuvenil.
Construción
Construción1405
Remodelación1536: logo do incendio de Delft.
1572: para o adaptar como horfanato
1962: para o adaptar como centro xuvenil
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

 
Patio interior do edificio.

Algunhas das monxas franciscanas que abandonaran o veciño convento de Santa Ádega tras a Reforma protestante, durante a segunda metade do século XVI, quixeron establecer un novo convento noutro edificio da mesma cidade vella de Delft, para o cal escolleron un antigo mosteiro construído en 1405 que sufrira danos moi importantes no incendio da cidade en 1536 e que fora posteriormente reconstruído no mesmo lugar. [3][4]

En 1572, tras a derrota e a prohibición do catolicismo nos Países Baixos, o novo edificio perdeu definitivamente a función relixiosa e pasou a ter diferentes usos intercalados co de almacén de artillaría, que se desenvolveu durante boa parte dos séculos XVI e XVII.

En 1910, a función de orfanato, que se viñera desenvolvendo xa desde finais do século XVI, desapareceu e o edificio caeu en desuso, ata que en 1949 se estableceu alí a asociación estudantil que hoxe mantén no antigo convento a súa sede.

Notas editar

  1. Ficha do monumento. en Rijksmonumenten.nl. (En neerlandés)
  2. Schillemans, S.; Van der Kruk, A. Delft. Verleden tijd. 2013. Páxina 38.[ISBN 978-90389-2399-4] (En neerlandés)
  3. Datos históricos do edificio Arquivado 15 de abril de 2016 en Wayback Machine.. En Architectuurgidsdelft.nl. (En neerlandés)
  4. Historia do edificio. En Archieven.nl. (En neerlandés)

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar