Convención constitucional

(Redirixido desde "Convención Constitucional")

Unha convención constitucional é un encontro político, que ten como obxectivo redactar unha constitución nova ou revisar unha xa existente. Realízase unha convención constitucional xeneral para crear a primeira constitución dunha entidade política ou para substituír unha preexistente, mentres que unha convención constitucional limitada realízase para revisar unha constitución xa existente.

Estados UnidosEditar

Nos Estados Unidos de América, todos os estados teñen o dereito de realizar convencións constitucionais, xa sexan limitadas ou xerais. Polo xeral, son propostas por unha das cámaras do poder lexislativo do estado, e deben ser aprobadas pola maioría (un 51%, un 60% ou un 67%, dependendo do estado) dos membros de ambas as cámaras do Lexislativo e logo pola maioría da poboación do estado (un 51%). Varios estados norteamericanos permiten que a poboación, a través de manifestos (cun número mínimo de firmas, xeralmente entre un 5% e 10% da poboación electoral), propoñan convencións constitucionais, que necesitarán ser ratificadas pola maioría dos membros de ambas as cámaras do Lexislativo, ademais de pola poboación do estado.