Control do centro (xadrez)
O control do centro é unha posición importante na estratexia do xadrez e nalgúns outros xogos.
Concepto e importancia editar
Esta estratexia consiste en situar peóns ou outras pezas de forma que estas controlen directamente (co uso de peóns) ou á distancia (co uso de pezas) as catro celas centrais do taboleiro (d4, e4, d5 e e5, en notación alxébrica).
Que unha peza estea colocada nunha cela central non significa necesariamente que controle o centro: por exemplo, un cabalo situado nunha das celas centrais non controla ningunha cela central, dado que só pode atacar as que se sitúan ao redor do centro. O control do centro é importante porque as batallas tácticas frecuentemente ocorren nas casas centrais, onde as pezas poden acceder a maioría das outras rexións do taboleiro eficientemente.
As aperturas e defensas xadrecísticas tentan controlar o centro ao mesmo tempo que procuran desenvolver as súas pezas. As aperturas e defensas hipermodernas procuran controlar o centro a distancia con bispos e cabalos, en canto que as aperturas e defensas ortodoxas procuran controlar o centro directamente co uso de peóns.
Referencias editar
- D’AGOSTINI, Orfeu. Xadrez Básico. São Paulo : Ediouro, 1954.
- FILGUTH, Rubens. Xadrez de A a Z: dicionário ilustrado. Porto Alegre : Artmed, 2005.