Contos sen fronteiras

obra literaria

Contos sen fronteiras[1] é un libro de relatos curtos publicado pola Xunta de Galicia [2] no ano 2007 que recolle historias de Xavier Frías Conde, Oli, Eva Mejuto[3] e Antonio Yáñez Casal.[4] Foi editado en conmemoración do Día Internacional do Libro Infantil e pertence á colección Lagarto Pintado. Ademais, cada relato presenta unha ilustración creada por Patricia Castelao.[5]

Contos sen fronteiras
Título orixinalContos sen fronteiras
Autor/aXavier Frías Conde, Oli, Eva Mejuto e Antonio Yáñez Casal
Ilustrador/aPatricia Castelao
OrixeGalicia
LinguaGalego
ColecciónLagarto Pintado
Xénero(s)Narrativa
EditorialXunta de Galicia
Data de pub.2007
Páxinas85
editar datos en Wikidata ]

Relatos editar

O relato é dun monstro que non é aceptado na súa aldea polo que decide ir ao mundo dos humanos. Instálase no cuarto da limpeza nunha escola e descobre o xiz, un alimento que lle encanta. Ante a masiva diminución do xiz, o director da escola reduce o seu uso, polo que o protagonista pasa fame. Un día descóbreo unha nena chamada María, e o monstro vaise asentando na escola e consegue cantar no coro. Unha vez, antes de cantar, comeu xiz e saíulle unha forte voz que asustou a todos. Desta forma decidiu volver ao seu mundo e aterrar a todos cantando.

Este conto é unha historia que relata unha nena chamada Rita a súa amiga chamada Sara, para que poida durmir. Esta narración contoulla no pasado unha coidadora dun orfanato. Sara córtalle todo o rato a Rita porque quere coñecer detalles da súa vida, así que ela acaba falando do seu pasado.

  • "O meu amigo Ash" por Oli.

A historia trata dun neno inmigrante que chega a Galicia e se fai amigo dun neno chamado Ash. A medida que a trama transcorre coñécense detalles da vida do rapaz do Senegal e as diferenzas de costumes entre os dous. Insístese no axiña que o rapaz aprende o galego, e ao mesmo tempo, os seus compañeiros palabras da súa lingua natal ou algunha lenda do seu pobo.

A derradeira narración é dun rei que non ten conto, e quere buscar un pero non o atopa. Nin os seus súbditos, nin os seus conselleiros, nin se queira no estranxeiro. Un bo día faláronlle ao monarca dun ladrón de cousas que un non conta, e este decidiu chamarlle para que lle roubara un relato. Pero en vez diso, o ladrón levouse a súa obsesión polo seu conto. Deste modo, os seus vasalos libres da obsesión do soberano comezaron a redactar esta historia.

Notas editar

  1. "Bibliopazos: Contos sen fronteiras - Literatura infantil". BIBLIOPAZOS. 5-3-2013. Consultado o 6-5-2019. 
  2. Frías Conde, Francisco Xavier (; Oliván, Enrique; Mejuto, Eva; Yáñez Casal, Antonio; Castelao, Patricia (2007). Contos sen fronteiras. Lagarto pintado (Xunta de Galicia. A Coruña: Xunta de Galicia Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural. 
  3. "Eva Mejuto". www.aelg.gal. Consultado o 6-5-2019. 
  4. AELG (ed.). "Eva Mejuto en AELG". Consultado o 16 de abril de 2019. 
  5. "Informes de Literatura : Centro Ramón Piñeiro". www.cirp.gal. Consultado o 6-5-2019.