Consuelo Gil

editora española


Consuelo Gil Roësset, que tras o seu matrimonio engadiu de Franco, nada en Madrid en 1905 e finada na mesma cidade o 26 de setembro de 1995, foi unha editora española.[1] Entre as revistas que produciu destacan Chicos (1938-1955), Mis Chicas (1941-1950) ou El Gran Chicos (1945-1950). Foi tamén directora da revista Mujer e creou a Editorial Gilsa.[2][3] Era irmá da escultora Margarita Gil Roësset, considerada membro da Xeración do 27, e sobriña da pintora María Roësset Mosquera.[4][5]

Infotaula de personaConsuelo Gil Roësset
Biografía
Nacemento1905 Editar o valor em Wikidata
Morte26 de setembro de 1995 Editar o valor em Wikidata (89/90 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Madrid Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupacióneditora Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeJosé María Franco Bordóns (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsMarga Gil Roësset Editar o valor em Wikidata
ParentesMaría Roësset Mosquera (Tía) Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Filla do enxeñeiro militar Julián Gil Clemente e de Cecilia Margot Roësset Mosquera, «preocupáronse de que as súas fillas recibisen unha educación o máis completa posíbel, máis parecida á que recibían os nenos da época que á que se lles ofrecía ás nenas.»[4] Amais de Consuelo (1905) e Marga (1908) tiveron outros dous fillos, Pedro (1910) e Enrique (1912). As fillas estudaron nas Ursulinas e aprenderon piano, violín e francés, segundo os canons educativos da época.

Con seis anos empezou a aprender debuxo e pintura con José María López Mezquita. Polas tardes, xunto á súa irmá Margarita, o pai impartíalles clases de física e matemática na casa. Coa axuda das ilustracións da súa irmá, con trece anos xa publicara El niño de oro en Madrid e "Rose des Bois en París.[6][7]

En 1926 contraeu matrimonio con José María Franco Bordons, músico e compositor. Escribiu poemas que el musicou como Canciones de niños.[7]

Sendo xa nai, estudou na Universidade Central de Madrid e foi «unha das poucas mulleres universitarias da época».[4] Converteuse en catedrática de inglés e impartiu clases nesa mesma universidade. Tamén traduciu varias obras do inglés e do francés.[7]

Actividade editorial editar

Pouco antes de estalar a Guerra civil española, Gil trasladárase a Donostia cos seus tres fillos de veraneo.[2] Alí centralizouse a produción editorial da zona sublevada. Colaborou en La Ametralladora e en Pelayos[8] e dirixiu a revista Mujer.

En 1938 fundou, xunto co empresario catalán Juan Baygual, a revista Chicos. Amais de dirixila, levaba as seccións de correspondencia co público lector, El Club de Chicos e Mis Chicas, as cales asinaba cos pseudónimos de L. de Villadiego e Madriña.[9] Lanzou logo a publicación Mis Chicas, a primeira revista para nenas da posguerra, amais de Chiquitito (1942) e El Gran Chicos (1945).[10] Porén, posteriormente centrouse en Chicas, dirixida a lectoras de máis idade.[10]

En 1942, cando se puido recuperar a propiedade privada, creou a Editorial Gilsa (Consuelo Gil S.A.). Comprou a revista Chicos e desde ela xestionou a edición de moitas destas publicacións e doutras novas.[11] Incorporou a cor e mantivo no cadro de persoal a Emilio Freixas, quen chegara en 1939 e permaneceu dez anos na revista. Máis adiante incorporou a Jesús Blasco e aos seus irmáns Alejandro e Pilar. En 1945 entra na editora Mariano Zaragüeta:

«A fazaña desta gran editora, ademais do feito de ser muller nun período conflitivo para estas, cando case só se lles permitía seren amas de casas, permanece como un exemplo inalcanzábel -nun posto ao que só podían acceder os homes naqueles momentos en España-, de talento e inventiva inigualábeis.» Mari Pepa Lara García, 12 de xuño de 2020

Terminada a guerra volveu a Madrid onde impartiu clases no Instituto Lope de Vega. Mostrou «gran interese pola pedagoxía infantil, e logo se deu de conta da importancia da banda deseñada como ferramenta de apoio á educación dos máis pequenos».[4]

Notas editar

  1. Cuadrado, Jesús (1996). "Diccionario de 100 autores con 100 ausencias". CLIJ: Cuadernos de literatura infantil y juvenil (en castelán) 9 (85): 18–36. ISSN 0214-4123. 
  2. 2,0 2,1 (Ballesteros Aguayo et al. 2016, p. 77)
  3. García Padrino, Jaime (2001). Así pasaron muchos años: en torno a la literatura infantil española (en castelán). Ediciones de la Universidad de Castilla-La Mancha. p. 205. ISBN 9788484271352. OCLC 48569160. Consultado o 1 de xaneiro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 "La 'otra' generación del 27". Ministerio de Cultura y Deporte (en castelán). 6 de marzo de 2020. Consultado o 18 de setembro de 2022. 
  5. Bianco, Serena (2018). "Las Sinsombrero: mujeres olvidadas de la Generación del 27". En Romano Martín, Yolanda; Velázquez García, Sara. Las inéditas: voces femeninas más allá del silencio. Aquilafuente (en castelán) 246. Cuenca: Ediciones Universidad de Salamanca. pp. 21–33. ISBN 9788490128879. 
  6. ""El niño de oro"". La Correspondencia de España (22933) (Madrid). 24 de xaneiro de 1921. p. 1. Consultado o 18 de setembro de 2022. 
  7. 7,0 7,1 7,2 Siso Monter, Montserrat (2 de xuño de 2016). "Las Roësset, una familia de artistas femeninas". II Jornadas Predoctorales en Humanidades (en castelán) (Girona). Consultado o 15 de novembro de 2022. 
  8. Martín (02/1968), p. 64.
  9. Martín (02/1968), pp. 71 a 72.
  10. 10,0 10,1 Martín (03/1968), pp. 131 a 132
  11. (Ballesteros Aguayo 2016, p. 136)

Véxase tamén editar

Bibliografía editar