Consuelo Flecha García
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Consuelo Flecha García, nada en Bilbao o 13 de febreiro de 1948, é unha catedrática española. Doutora en Ciencias da Educación pola Universidade Complutense de Madrid, España, e Catedrática de Historia da educación desde 1998 na Universidade de Sevilla. Desempeña o seu labor docente na Universidade de Sevilla, onde é profesora da Facultade de Ciencias da Educación, impartindo clases de Historia da Educación Contemporánea, e de Desenvolvemento educativo e profesional das Mulleres.[1][2][3][4]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de febreiro de 1948 (76 anos) Bilbao, España |
Educación | Universidade Complutense de Madrid Universidade Autónoma de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | profesora universitaria, pedagoga |
Empregador | Universidade de Sevilla |
Traxectoria
editarConsuelo Flecha licenciouse en Filosofía e Letras no ano 1970, especializándose na rama de Pedagoxía, na Universidade Complutense de Madrid. Máis tarde (1982), na mesma universidade, doutorouse en Ciencias da Educación.[4]
Entre os anos 1975 e 1981 dedicouse á docencia sendo Profesora Encargada de Curso da Universidade de Sevilla (USE) e profesora Agregada Interina da Universidade de Cádiz. Entre 1981 e 1983 foi profesora Agregada de Escola Universitaria, pasando neste ano, por aplicación da Lei de Reforma Universitaria, a ser Catedrática de Escola Universitaria. Compaxinou este traballo co de Profesora-Titora da UNED (Centro Asociado de Cádiz). Desde 1998 é Catedrática de Universidade, da área de Historia da Educación, na Universidade de Sevilla.[4]
Investigacións
editarAdemais do seu labor docente, Consuelo Flecha García desenvolve proxectos de investigación, formando parte do grupo de investigación "Mulleres, Benestar e Cidadanía" do Departamento de Psicoloxía Experimental da USE, estando as súas investigacións centradas nos procesos educativos das mulleres, ao longo da historia (séculos XIX e XX principalmente) e na actualidade, converténdoa nunha especialista nesta materia na que publicou diversos libros (como “Las primeras universitarias en España”, o “Las mujeres en la legislación educativa española”) e un gran número de artigos.[5][4][3][2]
Tamén realizou tarefas docentes como profesora convidada nalgunhas universidades europeas (en Portugal e en Italia), iberoamericanas (na Arxentina, Chile, Colombia, Cuba e o Perú) e asiáticas (como en Taiwán). Ademais compaxina o seu labor docente coa súa faceta de conferenciante en Congresos e Reunións Científicas tanto a nivel nacional como internacional.[4]
Entre outras institucións forma parte do Seminario Interdisciplinar de Estudios de las Mujeres da Universidade de Sevilla e pertence á Asociación Española de Investigación Histórica de las Mujeres.[4]
O seu labor foi distinguida ao outorgarlle premios como o XII Premio Mujer outorgado polo Concello de Sevilla no ano 2009, e o Premio Meridiana da Xunta de Andalucía, no ano 2012.[6][4]
Notas
editar- ↑ http://catedraunesco.ufgd.edu.br/index.php/pesquisador-s-e-projetos/17-professores-estrangeiros/59-consuelo-flecha-garcia Arquivado 06 de xullo de 2017 en Wayback Machine.. Consultado 21 de febreiro de 2016
- ↑ 2,0 2,1 https://investigacion.us.es/sisius/sis_showpub.php?idpers=1447 Consultado 21 de febreiro de 2016
- ↑ 3,0 3,1 https://dialnet.unirioja.es/servlet/autor?codigo=180896 Consultado 21 de febreiro de 2016
- ↑ 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 AMIT. Asociación de Mujeres Investigadoras y Tecnólogas. La científica del mes. http://www.amit-es.org/index.php?id=94 Consultado 21 de febreiro de 2016
- ↑ (“Mujeres y Universidad en España y en América Latina”; “Repensar la educación en tiempos de igualdad”; Revista Historia da Educación Latinoamericana, ISSN 0122-7238, Vol. 17, Nº. 24, 2015, exemplar dedicado a: Ofelia Uribe de Acosta; “Mujeres jóvenes y educación: logros y tareas”…).
- ↑ https://www.youtube.com/watch?v=fXdX8Cd8ZFw