Abrir o menú principal

Consuelo Castro Rey[1], nada o 27 de xullo de 1964 en Ourense, é unha avogada galega. Dende xuño de 2018 é Avogada Xeral do Estado-directora do Servizo Xurídico do Estado en Galiza.

Consuelo Castro
Nacemento27 de xullo de 1964
 Ourense
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid
Ocupaciónxurista e avogada
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Licenciada en Dereito pola Universidade Complutense de Madrid. ​Ingresou no Corpo de Avogados do Estado en 1989. Ten exercido como avogada no Ministerio de Sanidade e Consumo, na Avogacía do Estado da Coruña (2004-07) e na Axencia Estatal de Administración Tributaria en Galicia. Foi defensora do ex-director xeral da Mariña Mercante José Luis López Sors, no proceso do Prestige, sendo absolto [2].

É vocal do Consello de Administración e asesora xurídica da Autoridade Portuaria da Coruña e vocal da Comisión de Garantías de Vídeo vixilancia de Galicia. Forma parte, como representante de España, do Grupo de Traballo sobre dereitos humanos e migración do Comité de Dereitos Humanos do Consello de Europa, na vicepresidencia. É membro da Irmandade Xurídica Galega[3].

En xuño de 2018 foi nomeada avogada xeral do Estado-directora do Servizo Xurídico do Estado a proposta da ministra de Xustiza Dolores Delgado en substitución de Eugenio López[4].

NotasEditar