Consuelo Álvarez de Toledo

escritora, xurista e xornalista española

Consuelo Álvarez de Toledo Saavedra, nada en Oviedo en 1944, é unha xornalista española.

Infotaula de personaConsuelo Álvarez de Toledo

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1944 Editar o valor em Wikidata (79/80 anos)
Oviedo, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , xurista , escritora , política Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Socialista Obrero Español Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
CónxuxeFederico Ysart (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 602430

Traxectoria editar

Licenciada en Dereito e en Xornalismo, as súas primeiras experiencias profesionais foron no eido xurídico, prestando os seus servizos de asesoría en diferentes empresas.

Máis tarde comeza a exercer o xornalismo. Afiliada ó Partido Socialista Obreiro Español, en 1976 é nomeada subdirectora de El Socialista, a súa publicación oficial. Un ano máis tarde entra na Axencia EFE e é destinada a cubrir a información parlamentaria en plena transición.

Dende entón, especializouse neste tipo de información e converteuse nunha destacada analista política do país, en tres medios: prensa escrita, radio e televisión.

Así, en 1993 incorpórase ó programa Hora Cero que dirixe Javier González Ferrari en Antena 3 Radio.

En 1996-1997 presentou, xunto a Antonio San José, o programa de entrevistas e faladoiro de actualidade de Antena 3 El primer café.

O 2 de decembro de 1997 foi nomeada por esa cadea defensora do espectador, cargo que exerceu até 2000. Durante ese tempo viuse envolta en polémicas co director da cadea, José Manuel Lorenzo por unha emisión do espazo La parodia nacional e co xornalista Pepe Navarro, cuxo programa, La sonrisa del pelícano, tras ser retirado da programación foi tachado de telelixo por Consuelo Álvarez de Toledo.

Durante ese tempo compaxinou a súa actividade en televisión coa participación en faladoiros políticos en Onda Cero e unha columna diaria de opinión no xornal El Mundo. Tamén apareceu en Telecinco (Día a día) entre 2001 e 2004 e Antena 3 (Cada día), en 2004-2005.

En xuño de 2000 o Senado desígnaa conselleira de Radiotelevisión Española, a proposta do Partido Popular posto ó que renunciou en xuño de 2004.

Vida persoal editar

Está casada co xornalista e economista Federico Ysart.