Constanza de Sicilia (filla de Roxerio I de Sicilia)

nobre normanda

Constanza de Sicilia, tamén coñecida como Constanza de Hauteville, nada en 1082 e finada despois de 1135, foi unha nobre normanda que foi raíña consorte de Conrado de Italia, Rei de romanos.

Infotaula de personaConstanza de Sicilia
Biografía
Nacemento1081 Editar o valor em Wikidata
Morte1135 Editar o valor em Wikidata (53/54 anos)
Outro
TítuloNobile (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FamiliaCasa de Hauteville Editar o valor em Wikidata
CónxuxeConrado II de Italia (1095 (Gregoriano)–) Editar o valor em Wikidata
PaisRoger I de Sicilia Editar o valor em Wikidata  e Eremburga de Mortain e Sikelgaita (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsEmma of Hauteville (en) Traducir, Flandina of Hauteville (en) Traducir, Judith of Hauteville (en) Traducir, Maximilla di Altavilla (en) Traducir, Muriella di Altavilla (en) Traducir, Mathilde de Hauteville (en) Traducir, Felícia da Sicília (pt) Traducir, Roxerio II de Sicilia, Simón de Sicilia, Mauger, Count of Troina (en) Traducir, Geoffrey of Ragusa (en) Traducir e Jordan of Hauteville (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Brasón dos Hauteville

Era filla do Gran Conde de Sicilia Roxerio I e de Eremburga de Mortain, e irmá de Malxerio de Hateteville, conde de Troina, e media irmá máis vella, por parte do pai, do rei Roxerio II de Sicilia.

Traxectoria editar

Matrimonio editar

En 1095, Costanza casou con Conrado de Italia, fillo e herdeiro do emperador Henrique IV e da súa primeira esposa Berta de Savoia. O matrimonio foi promovido polo papa Urbano II que, nese tempo, buscaba unha alianza co conde de Sicilia. Esta unión non tivo fillos.

O seu marido foi rei corexente de Alemaña de 1087 a 1098 e rei corexente de Italia de 1093 a 1098. No conflito entre Herique IV e Urbano II, Conrado aliouse c o papa en contra do seu propio pai. Pouco despois do Concilio de Piacenza, Conrado xurou lealdade a Urbano II en Caemona e serviu como palafreneiro pontificio, guiando o cabalo do papa como signo de humildade.

Deposición editar

En abril de 1098, despois de tres anos de conflitos co seu fillo, Henrique IV reaccionou retractándose das súas posicións diante do Parlamento imperial, o Reichstag ou Dieta Imperal, en Maguncia, depoñendo a Conrado e designando ao seu fillo máis novo Henrique V como su sucesor.

Despois da súa deposición, Conrado II xa non tiña case ningunha influencia na política italiana. O seu máis importante aliado, Urbano II, morreu o 29 de xullo de 1099 e, con el, desapareceu a esperanza da súa restauración.

Conrado faleceu o 27 de xullo de 1101. Constanza nunca volveu a casar, e pasou os anos seguientes, até a súa morte despois de 1135, en relativa escuridade.


Predecesor:
Berta de Savoia
Raíña consorte de romanos
1095 - 1098
Sucesor:
Matilde de Inglaterra
Predecesor:
Berta de Savoia
Emperatriz consorte do Sacro Imperio
 

1095 - 1098
Sucesor:
Matilde de Inglaterra

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Brown, Gordon (2003). The Norman Conquest of Southern Italy and Sicily (en inglés). Jefferson, North Carolina: McFarland. ISBN 0786414723. 
  • Houben, Robert (2002). Roger II of Sicily A ruler between east and west (PDF) (en inglés). The Edinburgh Building, Cambridge, Reino Unido: Cambridge University Press. ISBN 9780521655736. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de febreiro de 2017. Consultado o 12 de novembro de 2016. 
  • Malaterra, Goffredo (2005). The deeds of count Roger of Calabria and Sicily and of his brother duke Robert Guiscard (en inglés). The University of Michigan Press. ISBN 0-472-11459-X. 
  • Norwich, John Julius (1967). The Normans in the South, 1016-1130 (en inglés). Londres: Longmans. OCLC 358519. 
  • Norwich, John Julius (1970). The kingdom in the sun, 1130-1194 (en inglés). Nueva York: Harper & Row. OCLC 134983. 

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar