Constanza de Castro
Para a relixiosa de Viveiro véxase: Constanza de Castro e Osorio.
Constanza de Castro foi unha relevante aristócrata galega de finais do século XV.
Constanza de Castro | |
---|---|
Nacemento | 1454 |
Alfoz | |
Falecemento | 1485 |
Cospeito | |
Nacionalidade | Reino de Galicia |
Pai | Pardo de Cela |
[ editar datos en Wikidata ] | |

Interior da torre de Caldaloba, onde Constanza e o seu marido Fernán Ares de Saavedra resistiron un ano o cerco do castelán Diego López de Haro.
TraxectoriaEditar
Era filla de Pedro Pardo de Cela e de Sabela Pérez Osorio, pertencente a unha das liñaxes máis importantes do reino de Galiza. Estaba casada con don Fernán Ares de Saavedra. Pardo de Cela, a súa filla Constanza e o seu marido apoiaban o bando de Xoana a Beltranexa contra os partidarios de Isabel de Castela. Houbo loitas entre os dous bandos. Pardo de Cela (que era Alcallde del ayuntamiento y su tierra y jurdiçon) foi feito prisioneiro no seu propio castelo da Frouxeira, por traizón dalgúns dos seus vasalos. A súa filla continuou a loita xunto co seu marido durante once meses desde o castelo de Caldaloba (San Martiño de Pino, Cospeito).