Constantino Bedoya Vázquez

político galego

Constantino Bedoya Vázquez, nado en Miño o 7 de agosto de 1947, é un político galego do PPdeG. Irmán de Moncho e Lola.

Infotaula de personaConstantino Bedoya Vázquez
Biografía
Nacemento7 de agosto de 1947 Editar o valor em Wikidata (76 anos)
Miño, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de San Sadurniño
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico , delineante Editar o valor em Wikidata
Partido políticoPartido Popular de Galicia Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Delineante. Afiliado a Alianza Popular dende 1979[1]. Foi candidato desta formación á alcaldía de San Sadurniño nas eleccións municipais de 1983 logrando 2 concelleiros, por detrás do PSdeG-PSOE e os independentes, situándose na oposición. Volveu ser candidato nas municipais de 1987 e subeu a 4 concelleiros, os mesmos que o PSdeG pero sendo estes os máis votados, polo que continuaron na alcaldía. En abril de 1990 foi elixido alcalde grazas a unha moción de censura apoiada polos independentes[2].

Encabezou a candidatura do PPdeG nas municipais de 1991 e foi a forza máis votada, con 5 concelleiros, e continuou gobernando grazas ao apoio dos independentes, dos cales un deles (Fernando Barro Sabín) marchou do goberno en outubro de 1991[3], e outro (José Serafín Gundín Sabín) pasou a formar parte das listas populares. Nese mandato foi deputado provincial. Foi reelixido con maioría absoluta en 1995, con 6 concelleiros, ó igual que en 1999 e 2003 cando logrou 7 concelleiros. Nas municipais de 2007 perdeu a maioría absoluta e cedeulle a alcaldía ao nacionalista Secundino García Casal, dado o acordo entre o BNG e o PSdeG. Volveu ser candidato do PPdeG en 2011 pero non consigueu recuperala alcaldía, dado que o BNG logrou maioría absoluta.


Predecesor:
Manuel Lamas Soto
  
Alcalde de San Sadurniño
 
1990 - 2007
Sucesor:
Secundino García Casal

Notas editar

  1. Entrevista en La Voz de Galicia Ferrol, 25-3-1993 p.41
  2. Moción de censura ao alcalde Lamas
  3. Nova en La Voz de Galicia Ferrol, 27-10-1991 p.80

Véxase tamén editar

Outros artigos editar