Constant Vanden Stock Stadium

estadio belga

Coordenadas: 50°50′03″N 4°17′54″L / 50.834167, 4.298333

O Constant Vanden Stock Stadium ou Estadio Constant Vanden Stock (francés: Stade Constant Vanden Stock, holandés: Constant Vanden Stockstadion) é un estadio de fútbol da cidade de Bruxelas. Este campo acolle os partidos do R.S.C. Anderlecht como local.

Constant Vanden Stock Stadium
Datos
LocalizaciónAnderlecht, Bruxelas, Bélxica
Construción
Inauguración1917
Renovación1983
Estadio
SuperficieHerba natural
Dimensións105 × 68
CapacidadeNos partidos de liga: 28.063 (21.163 sentados e 6.900 de pé) Nos partidos europeos: 21.845
LocalíaR.S.C. Anderlecht
Eventos
Exterior do estadio

Foi no ano 1917 cando o Anderlecht chegou a este estadio. Daquela, ao estadio chamáronlle Estadio Émile Versé en honra a un mecenas da zona. Xa no ano 1983, coa renovación do estadio, o nome foi trocado ao actual, poñéndolle o nome do presidente que realizou a obra.

O enderezo exacto deste campo de fútbol é Théo Verbeecklaan 2, B-1070, Anderlecht.

Véxase tamén editar