Confraría do Santísimo Rosario de Viveiro

Artigo principal: Semana Santa de Viveiro.

A Ilustre e Venerable Confraría do Santísimo Rosario é unha das oito confrarías que existen na Semana Santa de Viveiro.

Estandarte e vestimentas da Ilustre e Venerable Confraría do Santísimo Rosario.

Estandarte editar

O estandarte da Ilustre e Venerable Confraría do Santísimo Rosario foi confeccionado polas Escravas do Santísimo de Ferrol entre os anos 1976 e 1978. O seu tecido é de raso branco, con bordados en fío de ouro. Na parte central represéntase o símbolo mariano «Ave María» enmarcado por un gran rosario sobre o que, á súa vez, aséntase unha coroa. Os bordos decóranse con motivos florais e a súa base remata en tres frechas, das que colgan flocos e borlas. No reverso do estandarte, aparece bordada igualmente en fío dourado a inscrición «Ilustre e Venerable Confraría do Santísimo Rosario» así como a data de confección en números romanos.

Procesións editar

Durante a Semana Santa, a Ilustre e Venerable Confraría do Santísimo Rosario encárgase de sacar as seguintes procesións: