Confederación Brasileira de Atletismo

A Confederación Brasileira de Atletismo (Confederação Brasileira de Atletismo, CBAt) é o órgano responsable de administrar, dirixir, controlar, difundir e incentivar a práctica do atletismo, organizar competicións e representar o atletismo no Brasil. Creouse en 1977, aínda que non comezou a funcionar ata 1979, a súa primeira sede estivo no Río de Xaneiro pero dende 1944 ten a súa sede en Manaus e o actual presidente é Roberto Gesta de Mello dende 1987.

Na CBAt están incluídas 27 federacións territoriais que representan a máis de 500 clubs, 20.000 atletas, 900 árbitros e 700 técnicos federados.