Condado de Orange, Nova York

condado do estado de Nova York
Non confundir co condado de Orange, California.

O condado de Orange (en inglés Orange County) é un condado dos Estados Unidos situado no estado de Nova York. Debe o seu nome a Guillerme III de Inglaterra, Príncipe de Orange.

Modelo:Xeografía políticaCondado de Orange, Nova York
Orange County (en) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

Nomeado en referencia aGuillerme III de Inglaterra Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 41°24′N 74°19′O / 41.4, -74.31Coordenadas: 41°24′N 74°19′O / 41.4, -74.31
EstadoEstados Unidos de América
Estado federadoNova York Editar o valor em Wikidata
CapitalGoshen (Nova Iorque) (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación401.310 (2020) Editar o valor em Wikidata (184,77 hab./km²)
Número de fogares130.428 (2020) Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Superficie2.172 km² Editar o valor em Wikidata
Auga3,2 % Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Creación1683 Editar o valor em Wikidata
Código de departamento INSEE36071 Editar o valor em Wikidata
Identificador GNIS974134 Editar o valor em Wikidata

Páxina weborangecountygov.com Editar o valor em Wikidata
Twitter: ocgovny Editar o valor em Wikidata

Xeografía editar

Ten unha superficie de 2170 km², dos cales 2100 son de terra e 70 (o 3,2 %) son de augas. No ano 2017 tiña 382 226 habitantes,[1] o que daba, para ese ano, unha densidade de poboación de 182 hab./km².

A súa capital é a vila de Goshen, e as cidades con máis poboación son Warwick (31 185 habitantes en 2018),[2] e Newburgh (28 164 habitantes en 2018).[3]

Historia editar

O condado de Orange estableceuse oficialmente o 1 de novembro de 1683, cando a daquela Provincia de Nova York dividiuse en doce condados, cada un deles nomeado para honrar a un membro da familia real británica, e o condado de Orange tomou o seu nome do Príncipe de Orange, que posteriormente se convertería no rei Guillerme III de Inglaterra. Tal e como se definiu orixinalmente o condado de Orange incluía só a parte sur do seu territorio actual, máis alá de Moodna Creek, entón formaba parte do condado veciño de Ulster.

Nesa data os únicos habitantes europeos da zona eran uns poucos colonos neerlandeses no actual condado de Rockland, e a rexión do moderno condado de Orange estaba completamente ocupada por xente nativa do pobo Munsee. Debido á súa poboación relativamente pequena, o condado orixinal de Orange non era completamente independente, e foi administrado polo antigo condado de Nova York.

Os primeiros colonos europeos na zona do condado actual chegaron en 1685. Formaban parte dunhas vinte e cinco familias de Escocia, dirixidas por David Toshach, o Laird de Monzievaird e o seu cuñado o maior (comandante) Patrick McGregor, un ex oficial do exército francés. Establecéronse nas terras altas do val do Hudson, no lugar onde o regato Moodna entra no río Hudson, hoxe coñecido como New Windsor.

En 1709, un grupo de refuxiados alemáns do Palatinado establecéronse en Newburgh. Eran protestantes dunha parte de Alemaña ao longo do Rin que sufriran durante as guerras relixiosas. O goberno da raíña Ana arranxou o paso desde Inglaterra de case 3 000 palatinos en dez barcos. Moitos asentáronse ao longo do río Hudson en campos de traballo en propiedades pertencentes a Robert Livingston. Un grupo de colonos holandeses e ingleses chegaron a Goshen en 1712. Outros inmigrantes chegaron de Irlanda; eran de ascendencia escocesa e inglesa e establecéronse alí como plantadores.

Durante a Guerra de Independencia dos Estados Unidos de América o condado foi un semilliero de activistas leais e antipatrióticos. Claudius Smith foi un activista leal cuxo equipo roubou e aterrorizou aos cidadáns; foi aforcado en Goshen en 1779 por, presuntamente, roubar e matar ao maior Nathaniel Strong; dous dos seus fillos tamén foron executados por delitos similares. A familia Mathews de Blooming Grove eran leais activos; Fletcher Mathews foi simpatizante e nalgún momento asociado de Smith,[4] e o seu irmán David Mathews foi alcalde da cidade de Nova York durante a súa ocupación británica durante toda a guerra.

En 1798, despois da Guerra da Independencia, os límites do condado de Orange cambiaron. No seu extremo sur creouse o novo condado de Rockland e, a cambio, agregóuselle unha zona ao norte de Moodna Creek, que anteriormente formaba parte do condado do Ulster. Isto causou unha reorganización da administración local, xa que a sede da capital do condado orixinal era Orangetown en 1703, pero coa reorganización territorial esta localidade estaba no condado de Rockland. Posteriormente, a capitalidade compartiuse entre Goshen, que fora o centro do goberno da parte norte do condado de Orange, e Newburgh, que desempeñou un papel similar na área transferida do condado do Ulster. O tribunal do condado estableceuse en 1801. E non foi até 1970 cando Goshen foi establecida definitivamente como a capital do condado.

Debido a unha disputa de fronteiras entre os estados de Nova York e Nova Jersey, os límites de moitas das cidades do sur do condado non se estableceron definitivamente até o século XIX.[5][6][7]

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. census.gov.
  2. Population and Housing Unit Estimates. Warwick,, New York.
  3. Population and Housing Unit Estimates. Newburgh, New York.
  4. Public Papers of George Clinton, First Governor of New York, 1777-1795, 1801-1804. 1900, páxina 634.
  5. Headly, Russel, (1908): The History of Orange County New York,[1].
  6. Skeel, Adelaide, and Barclay, David, (1900): Major Patrick MacGregorie,[2]
  7. Green, Frank Bertangue (1886): The History of Rockland County.[3]