Condado de Norfolk, Massachusetts

O condado de Norfolk (en inglés Norfolk County) é un condado do estado de Massachusetts. Segundo o censo do ano 2010 a súa poboación era de 670.850 habitantes. A súa capital atópase en Dedham. Foi chamado así polo condado inglés de Norfolk.

Condado de Norfolk
Norfolk County
Condados dos Estados Unidos
Pazo de xustiza de Norfolk
Situación do condado de Norfolk en Massachusetts
Situación de Massachusetts nos Estados Unidos
Datos xerais
Estado Massachusetts
Sede Dedham
Maior cidade Quincy
Características xeográficas
Área 1.150 km²
- Área terra 1.026 km² (89%)
- Área auga 124 km² (11%)
Poboación 670.850 (2010)
Densidade 654 hab/km²
Website: http://www.norfolkcounty.org/

Historia editar

O condado de Norfolk foi creado o 26 de marzo de 1793 pola lexislación asinada polo gobernador John Hancock. A maioría das cidades formaban orixinalmente parte do condado de Suffolk, Massachusetts. As cidades de Dorchester e Roxbury pertencían ao condado de Norfolk cando este se fundou, pero como Boston anexionounas pasaron a pertencer ao condado de Suffolk novamente. Hingham e Hull orixinalmente estaban dentro da lexislación do condado de Norfolk aínda que pediron quedar no condado de Suffolk e en xuño de 1793 dereougouse a súa eliminación de Norfolk. Posteriormente, en 1803, entrarían no condado de Plymouth, Massachusetts. O condado foi o lugar de nacemento de catro presidentes dos Estados Unidos (John Adams, John Quincy Adams, John F. Kennedy e George H.W. Bush), resultando no alcume "Condado de Presidentes".

Xeografía editar

Segundo a Oficina do Censo dos Estados Unidos o condado ten unha área total de 1.150 km², dos cales 1.030 km² é terra e 120 km² (11%) é auga. É o terceiro condado máis pequeno de Massachusetts en superficie total.