Conchita Martínez

tenista profesional española

Inmaculada Concepción Martínez Bernat, nada en Monzón (Huesca) 16 de abril de 1972, coñecida como Conchita Martínez, é unha ex-tenista española e ex-capitá das seleccións españolas de tenis feminina (2013-2017) e masculina (2015-2017).

Conchita Martínez
Conchita Martínez at the 2010 US Open 02.jpg
Nacemento16 de abril de 1972
 Monzón
NacionalidadeEspaña
Ocupacióntenista e adestradora de tenis
PremiosGreat Cross of the Royal Order of Sports Merit
editar datos en Wikidata ]

Durante a súa carreira, gañou un Campionato de Wimbledon en 1994 e foi finalista en dous Grand Slam máis, no Aberto de Australia de 1998 e no Roland Garros de 2000, todos en categoría individual. Logrou ademais tres medallas en tres Xogos Olímpicos distintos (1992, 1996 e 2004) e coa selección nacional, logrou cinco títulos de Copa Federación e cinco subcampionatos.

Traxectoria deportivaEditar

IniciosEditar

Conchita Martínez comezou a destacar desde moi nova. Con 15 anos gañou a medalla de ouro nos Xogos Mediterráneos de 1987, celebrados na localidade siria de Latakia, ao vencer na final á grega Angeliki Kanellopoulou por 6-3, 5-7 e 6-1.

A aragonesa, xa en júnior, mostrábase moi superior ás súas rivais e a súa estrea no circuíto non se podía demorar. O seu debut no antigo circuíto de Virginia Slims, viviuse en Suíza en 1988, no torneo previo a Roland Garros, e caeu en primeira rolda contra Mercedes Paz. Nese Roland Garros de 1988, primeiro Grand Slam no que tomaba parte, deixou a súa tarxeta de presentación, no que destacou un drive considerado como o mellor do circuíto, ao alcanzar os oitavos de final nunha andaina onde deixara polo camiño a Lori McNeil, situada entre as dez mellores do mundo. O torneo francés converteuse no seu mellor escaparate xa que nas súas seguintes nove participacións sempre alcanzou, polo menos, os cuartos. Meses despois, en Sofía, Conchita conseguía o seu primeiro título como profesional despois de deixar polo camiño a Katerina Maleeva, número 14 da clasificación mundial, e a Barbara Paulus na final. Era o segundo torneo a nivel internacional que o tenis español sumaba en toda a súa historia despois do conseguido en xullo dese mesmo ano por Arantxa Sánchez Vicario e é que catalá e aragonesa xa facían albiscar un futuro dourado para o tenis nacional feminino, que ata entón contara coa escasa referencia de Lilí Álvarez.

En 1989 sumou tres novos títulos, Wellington, Phoenix e Tampa, onde Conchita conseguía un importante triunfo, ao desfacerse na final de Gabriela Sabatini, número tres do mundo. Ese mesmo ano converteuse na primeira tenista española en disputar o Open de Australia.

ApoxeoEditar

Conchita camiña cara á súa madurez e no ano 1993 demóstrao sumando 71 vitorias e ata cinco torneos. No mesmo ano, Conchita converteuse na primeira muller española desde Lilí Álvarez, en 1928, en chegar ás semifinais de Wimbledon, onde perdeu contra a alemá Steffi Graf pof 7-6, 6-3, e gañou o Aberto de Roma. Conchita venceu a Steffi, número un do mundo, por primeira e única vez na súa carreira, nun torneo en Filadelfia na final. Como curiosidade, cabe destacar que este ano, a banda británica de pop Saint Etienne, dedicoulle no seu segundo álbum So tough o tema que leva o seu mesmo nome: “Conchita Martínez”.

No ano 1994, Conchita Martínez converteríase na primeira tenista española (e única ata 2017) en gañar o torneo máis prestixioso do panorama tenístico, Wimbledon, derrotando a Martina Navratilova na final por 6-4, 3-6 e 6-3[1][2] A xogadora española alcanzaría a última rolda dun torneo de Grand Slam outras dúas veces, en Australia (no ano 1998)[3][4] e en Roland Garros (no ano 2000).[5]

No ano 1995 alcanzou as semifinais de todos os torneos do Grand Slam e converteuse na número 2 mundial da WTA. En Wimbledon, Conchita desfíxose de Sabatini en cuartos de final, cun marcador final de 7-5 e 7-6. Pero nas semifinais, Arantxa Sánchez Vicario derrotou a Conchita por 6-3, 6-7 (5-7) e 6-1. No ano 1996 gana de novo o Aberto de Roma, converténdose na única tenista que gaña catro anos consecutivos este torneo.

DobristaEditar

Ademais do seu rendemento a nivel individual na WTA (na que se mantivo na elite tenística en tres épocas distintas, adaptando o seu xogo ás distintas xeracións e finalizando entre as dez mellores xogadoras do mundo en nove tempadas distintas), Conchita Martínez demostrou tamén a súa capacidade como xogadora de dobres. Nesta modalidade, a tenista conseguiu 13 títulos da WTA e, en compañía de Virginia Ruano, a clasificación para o Masters Feminino no ano 2005, ano no que se situou entre as dez mellores dobristas do mundo. Conchita Martínez competiu con España tanto nos Xogos Olímpicos como na Copa Federación, conseguindo cinco títulos e tres medallas olímpicas.[6]

RetiradaEditar

O 15 de abril de 2006, Conchita anunciou a súa retirada do circuíto profesional,[7] destacando como fitos na súa carreira, lograr torneos en todas as superficies posibles (33 individuais da WTA), ser a primeira española que gañou medallas en tres Xogos Olímpicos distintos, gañar 71 partidos nunha tempada (1993) e ser a primeira tenista que gaña por un dobre 6-0 a unha xogadora situada entre as dez mellores do mundo.

Capitá nacionalEditar

O 26 de xaneiro de 2013 foi elixida capitá do equipo español de Fed Cup. O 5 de xullo de 2015, foi á súa vez designada pola RFET, capitá do equipo español de Copa Davis, converténdose así na primeira muller en poñerse á fronte da selección masculina de tenis. A RFET destituíuna do seu posto en setembro de 2017, feito que provocou malestar en Conchita Martínez, que manifestou estar doída polo trato recibido pola RFET.[8]

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar